Vandana Shiva (en devanágari: वंदना शिवा;), nada en Dehradun (Uttaranchal) o 5 de novembro de 1952, é unha científica, filósofa e escritora india. Activista a favor do ecofeminismo e da agricultura ecolóxica, defensora das sementes tradicionais e contraria aos cultivos transxénicos, recibiu o Premio Nobel Alternativo en 1993.
Traxectoria
Shiva naceu en Dehradun, antigamente parte do estado indio de Uttar Pradesh. Durante os anos 70 participou no movemento Chipko, formado principalmente por mulleres que adoptaron a táctica de denuncia ecoloxista consistente en permaneceren abrazadas ás árbores para evitar que fosen pinchados.
En 1982 creou a Fundación para a Investigación Científica, Tecnolóxica e Ecolóxica, a cal conta entre as súas iniciativas o impulso e difusión da agricultura ecolóxica (programa Navdanya), o estudo e mantemento da biodiversidade (Universidade das sementes, Colexio Internacional para a Vida Sostíbel), fomentar o compromiso das mulleres co movemento ecoloxista (Mulleres Diversas pola Diversidade), ou a rexeneración do sentimento democrático (Movemento Democracia Viva).
En 1993, en recoñecemento á súa dedicación aos movementos alternativos e "... por situar a muller e a ecoloxía no corazón do discurso moderno sobre o desenvolvemento", recibiu o Right Livelihood Award, tamén coñecido como o Premio Nobel Alternativo. Outros premios que recibiu son o Global 500 de 1993 do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (UNEP) e o premio internacional do Día da Terra, tamén das Nacións Unidas.
Actualmente é unha líder do Foro Internacional sobre a Globalización, así como un membro destacado do movemento antiglobalización. No seu libro Manifesto por unha democracia da terra propuxo o concepto e a causa da democracia da terra como alternativa ao capitalismo.
En 2022 recibiu o premio Ignacio Ellacuría por ser "unha referente mundial no movemento ecofeminista internacional e na loita por preservar a biodiversidade e construír alternativas agrícolas sostibles fronte á crise climática".[1]
En xuño de 2024 será investida doutora honoris causa pola Universitat Pompeu Fabra.[2]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.