parroquia civil do concello de Cortegada From Wikipedia, the free encyclopedia
San Martiño de Valongo é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense comarca do Ribeiro. No ano 2013 tiña 275 habitantes, dos cales 133 eran homes e 142 eran mulleres.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Valongo | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Valongo. | |
Concello | Cortegada[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°11′39″N 8°09′17″O |
Poboación | 275 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os petróglifos do Monte Picoñas proban a existencia neste val de comunidades humanas aló polo II Milenio a. C., pertencentes á Idade de bronce, forman parte do Grupo Galaico de Arte Rupestre, na Idade de Ferro o val estivo baixo a órbita do castro de Abelenda[Cómpre referencia], existe constancia documental da existencia de poboación de homes e mulleres libres a través dun documento de doazón de varios privados ao mosteiro de Celanova no século X (entre eles do lugar de Saa), razón pola cal o territorio caeu baixo a órbita do mosteiro de Celanova, o maior terratenente ourensán, que tivo enfrontamentos e preitos co mosteiro feminino de Ramirás polas lindes no lugar da Decolada, que se saldou coa vitoria do de Celanova ao pasar o mosteiro de Ramirás a baixo control celanovés.
A principios do XIX Valongo foi concello de seu, e tivo a primeira escola do concello, sendo este concello finalmente adscrito ao de Cortegada. Durante o XIX pasaron varias veces, desde e cara a fronteira con Portugal diferentes partidas carlistas.
Actualmente o seu nivel de poboación é baixo, a pesar de ser un lugar con industria madeireira (xa pechada).
No monte Picoñas existen restos arqueolóxicos con varios petróglifos (coviñas, círculos concéntricos, labirintos e pías rupestres).
Xa da época moderna hai varias construcións:
Lugares da parroquia de Valongo no concello de Cortegada (Ourense) | |
---|---|
Abelenda | O Casal | Casaldálvaro | A Decolada | Leirado | Outeiral | Pazo | Peralba | O Pereiro | A Ponte Trado | Sa | Vilanova da Barca |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.