Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Vaduz é a capital do principado de Liechtenstein. É a sede do goberno do Principado e o lugar de residencia da familia principesca desde 1939. A cidade acolle tamén a sede do Arcebispado de Liechtenstein, á par que constitúe unha recoñecida praza financeira internacional.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Liechtenstein | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.668 (2019) (327,63 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 17,3 km² | ||||
Bañado por | Río Rin | ||||
Altitude | 455 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1150 (Gregoriano) | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Petra Miescher (en) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 9490 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | LI-11 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | vaduz.li | ||||
Contaba con 5.214 habitantes en 2010[1] e o seu termo urbano esténdese sobre 17,3 km². Está bañada polo río Rin e situada a 455 metros de altitude.
O nome de "Vaduz" aparece mencionado por primeira vez no ano 1150 e polo que parece provén de avadutg, que en lingua romanche significa «acueduto». Alternativamente ofrécese a explicación dunha evolución híbrida do latín vallis "val" e o antigo alto alemán diutisk, "alemán" (deutsch en alemán moderno).
Desde mediados do século XIV, o castelo de Vaduz era a residencia dos condes de igual nome. En 1719, o conde de Vaduz e a comunidade de Schellenberg uníronse para formar un principado que tomou o nome de Liechtenstein. Desde 1723, o principado obtivo o dereito de sentar e votar no Reichstag (o parlamento ou dieta do Sacro Imperio Romano Xermánico).
No ano 1948 a empresa do municipio de Mauren Contina AG, a 15 km de Vaduz, saca ao mercado a primeira calculadora de peto, a CURTA Tipo I, un invento mecánico de Curt Herzstark deseñado precariamente cando era un preso no campo de concentración de Buchenwald. O dispositivo permitía realizar operacións de suma, resta, multiplicación, división, e raíces cadradas. Foron moi populares ata o 1970, coa chegada da calculadora electrónica.[2]
O Gemeinderat ou Concello Municipal é elixido por catro anos por votación popular e conta con 12 membros.
En xuño de 2001 asinouse en Vaduz a convención da Asociación Europea de Libre Comercio, que liberalizaba o comercio entre os Estados membros incluíndo nos acordos para todos os países os avances en comercio entre Suíza e a Unión Europea.[3]
A concelleira durante o período 2019 a 2023 Petra Miescher do partido liberal-conservador Unión Patriótica foi escollida alcaldesa no ano 2023 co 55,3 % dos votos, en substitución de Manfred Bischof. Renunciou ao cargo o 24 de maio de 2024 tras unha prolongada baixa médica, o que abriu un debate legal sobre o método de sucesión, xa nin que a lei municipal bipartidista de 1974, nin a revisión de 1996, contemplaban o caso. Finalmente foi o tenente de alcalde, Vizebürgermeister Florian Meier, o nominado para ocupar o cargo ata que se celebren eleccións o 25 de agosto de 2024.[4]
A salientar:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.