Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Triesenberg é un concello situado na metade sur do principado de Liechtenstein. Contaba en 2010 cunha poboación de 2.562 habitantes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Liechtenstein | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.643 (2019) (88,69 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 29,8 km² | ||||
Altitude | 884 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Hubert Sele (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 9497 | ||||
Prefixo telefónico | 7004 | ||||
ISO 3166-2 | LI-10 | ||||
Sitio web | triesenberg.li |
Limita ao norte coa cidade de Vaduz, ao nordés con Schaan e Planken, ao leste con exclaves de Schaan, Balzers e Vaduz, ao sur con Triesen e un exclave de Balzers, e ao oeste con Triesen. Ademais grazas ao seu exclave limita tamén co municipio de Nenzing (Austria).
O municipio está formado polas localidades de Triesenberg, Masescha, Silum, Gaflei, Steg e Malbun.
Triesenberg conta cun teleférico para acceder ao alto da montaña, e que é visitado todos os anos por miles de turistas. Para chegar á cidade, pódese coller un dos moitos autobuses que comunican todo o país. Tamén se pode ir en coche ou en bicicleta, xa que hai moitos carrís bici. Como é un dos municipios máis grandes, conta con cinco pequenas aldeas, que están conectadas por unha rede de autobuses.
O FC Triesenberg é un dos sete equipos que hai en Liechtenstein. Aínda que o deporte máis importante da cidade é o fútbol, outros importantes son o esquí e o snowboard, que se practican na estación de esquí que hai preto da cidade. Tamén se practican o hóckey e o balonmán, e estase a promover o ciclismo na cidade. En inverno realízase unha maratón que percorre o municipio.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Triesenberg |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.