futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Víctor Vázquez Rosales, máis coñecido como Churre, nado en Marín o 17 de outubro de 1989, é un futbolista galego, que xoga de defensa no Pontevedra CF.
Churre | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Víctor Vázquez Rosales | ||
Nacemento | 17 de outubro de 1989 (34 anos) | ||
Lugar de nacemento | Marín | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Pontevedra CF | ||
Número | 4 | ||
Carreira xuvenil | |||
Porvir CF | |||
Agrupación Xuvenil Lérez | |||
2007–2008 | Celta de Vigo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007–2013 | Celta B | 141 | (8) |
2008–2009 | → Portonovo (cedido) | ||
2009–2012 | Celta | 3 | (0) |
2013–2018 | Racing de Ferrol | 165 | (4) |
2018– | Pontevedra CF | 115 | (2) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 16 de maio de 2022. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Fillo dunha familia de churreiros, de onde lle ven o seu alcume,[1] comezou a xogar ao fútbol no Porvir CF de Marín e máis tarde na Agrupación Xuvenil Lérez, chegando ao Celta de Vigo no seu segundo ano de xuvenil.[2][3] Debutou co Celta B o 16 de marzo de 2008 fronte ao Marino de Luanco,[4] e tras un ano cedido no Portonovo SD na 2008/09, volveu para xogar no Celta de Vigo B as seguintes tres campañas en Segunda División B e outra máis en Terceira tras o descenso do conxunto celeste. Durante eses anos no filial, onde foi capitán, xogou tamén catro partidos oficiais co primeiro equipo do Celta, daquela en Segunda. O seu debut produciuse o 6 de xaneiro de 2010 en oitavos de final da Copa do Rei ante o Villareal CF en Balaídos, con resultado de empate a 1-1, disputando os 90 minutos no lateral dereito.
Na tempada 2013/14 fichou polo Racing de Ferrol,[5] co que disputou cinco campañas na Segunda B, xogando 170 partidos ata o descenso na tempada 2017/18. No verán de 2018 asinou por unha tempada polo Pontevedra CF,[6] e despois de ser o xogador de campo con máis minutos do equipo durante a tempada, o seu contrato foi renovado por dous anos máis.[7] Titular indiscutible, na tempada 2021/22 conseguiu o ascenso á Primeira División RFEF, despois de se proclamar campión do Grupo I da Segunda RFEF.
Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
RC Celta B | Segunda B | 2007-2012 | 100 | 3 |
RC Celta de Vigo | Segunda | 2009–2012 | 4 | 0 |
RC Celta B | Terceira | 2012–2013 | 41 | 5 |
Racing de Ferrol | Segunda B | 2013–2018 | 170 | 4 |
Pontevedra CF | Segunda B | 2018–act | 66 | 0 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.