Remove ads
(Coruña, 1860-1936) pintor From Wikipedia, the free encyclopedia
Víctor Morelli Sánchez-Gil, nado na Coruña o 19 de setembro de 1860 e finado en Madrid o 20 de abril de 1936, foi un oficial da Garda Civil e pintor galego de temática militar (batallas e retratos).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1860 A Coruña, España |
Morte | 20 de abril de 1936 (75 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | pintor, garda civil |
O seu pai, Vicenzo Morelli Bartolami, era de ascendencia italiana e foi cantante de ópera, e a súa nai, Pastora Sánchez-Gil Taboada, coruñesa, que tamén era unha fervente afeccionada da música. Víctor ingresou en 1878 como soldado no Rexemento de Infantaría Asia Nº 59, para pasar despois á Academia de Infantería de Toledo. Aos catro anos ascendeu a alférez, sendo o seu primeiro destino Barcelona, onde estudou debuxo e pintura no taller de Jose Serra Porsón.
Cando chegou destinado a Madrid seguiu os estudos no Círculo de Bellas Artes, formando parte do grupo de copistas do Museo Nacional del Prado. Tamén viaxou por Italia. Sabía tocar o piano e o violín e tiña voz de barítono. Veraneaba na súa casa de Almeiras, Culleredo. En 1887 solicitou o pase á Garda Civil co grao de tenente primeiro, chegando a ser coronel en activo e xeneral inspector honorario do corpo ao pase á situación de reserva.
Teñen obra súa, entre outras institucións, o Museo do Prado,[1] o Museo de Belas Artes da Coruña,[2] a Academia de Cabalería de Valladolid, o Museo de Intendencia de Ávila,[3] o Museo do Exército e o Museo Militar Rexional da Coruña.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.