Remove ads
xornalista e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xavier Costa Clavell, nado en Chantada o 30 de maio de 1923 e finado en Barcelona o 10 de maio de 2006, foi un escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de maio de 1923 Chantada, España |
Morte | 10 de maio de 2006 (82 anos) Barcelona, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista |
Familia | |
Fillos | Xosé María Costa Gómez, Antonio Costa Gómez |
Pai | José Costa Figueiras |
Fillo do xornalista e escritor José Costa Figueiras. Colaborou na revista Inquietudes da Coruña nos seus anos mozos. Estudou xornalismo en Barcelona. Participou na fundación do grupo Brais Pinto en Madrid. En 1957 publicou nesa mesma cidade Literatura gallega actual e en 1963 deu ao prelo a súa primeira obra en galego, A rouca gorxa do meu ser, un poemario que foi editado en Buenos Aires e no que se pon de relevo a lingua galega e Galicia como patria dos galegos. En 1977 publicou Os anos do vougo e outros poemas, cun ton socialrealista e Las dos caras de Galicia bajo el franquismo.
Publicou dúas novelas en galego, O conde Villaoíde en 1985 e A Monchiña en 1987; Lume esmorecido publicado en 1999 é un libro de relatos. Traduciu Aires da Miña Terra de Manuel Curros Enríquez ao castelán en 1989. Foi articulista para diversos xornais galegos como La Voz de Galicia, Faro de Vigo, O Correo Galego e Galicia Hoxe e cataláns como La Vanguardia e El Periódico. En 1991 publicou a escolma de artigos xornalísticos Sempre Galicia no meu corazón.
É o pai de Antonio Costa Gómez e Xosé María Costa Gómez.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.