escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Uxío Santiago Labarta Fernández, nado en Santiago de Compostela o 28 de setembro de 1949, é un biólogo, investigador, economista, político e xestor público galego, vinculado ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo e ao CSIC.[1][2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 (74/75 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, investigador |
Licenciado en bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a traballar en Vigo como investigador no IIM (Instituto de Investigacións Mariñas) do CSIC en 1972, do que foi secretario de 1979 a 1983. Foi director do gabinete de estudos da presidencia do CSIC (1983-86), asesor da presidencia do CSIC (1986-88), secretario do programa nacional de recursos mariños e acuicultura da Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía (1988-90) e director do IIM (1990-1994).[4]
Profesor de investigación no CSIC, asistiu ós cursos no Centro Oceanográfico de Brest (Francia), no que acadou a diplomatura en avaliación de recursos mariños pola FAO. Foi membro dos comités científicos da Comisión Internacional dos Caladoiros do Sueste Atlántico, onde estudou os caladoiros de pescada e crustáceos de África do Sur, e traballou na Comisión Internacional dos Caladoiros do Noroeste Atlántico co equipo que investigou os de bacallau e cefalópodos das augas do Canadá e dos Estados Unidos de América.[4]
Membro plenario do Consello da Cultura Galega (1991-1993), foi deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia na IV lexislatura, 1993-1997.[5]
Diplomouse en Organización e Xestión da Investigación Científica polo Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) de Alcalá de Henares. No ano 1997 doutorouse na USC coa tese Desarrollo larvario de Ostrea edulis L. Nutrición y reservas energéticas.[6]
Foi fundador e presidente da Asociación de Biólogos de Galicia. Formou parte do consello de redacción da revista Braña, Boletín da Sociedade Galega de Historia Natural, e, dende 2003, da revista Grial.[7] Foi xurado dos Premios da Crítica Galicia.[8]
Foi coordinador en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (2006-2012).[9]
Asesor da Enciclopedia Galega Universal e columnista de La Voz de Galicia dende o ano 2002,[10] é autor de varios libros, informes e máis de 150 artigos,[11] no campo da investigación mariña, a pesca nas costas e rías galegas e a acuicultura, desde os puntos de vista económicos e ecolóxicos, en particular sobre enerxía fisiolóxica, nutrición e cultivo de moluscos bivalvos como o mexillón.[4] Entre eles pódense citar:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.