From Wikipedia, the free encyclopedia
Umbra krameri é unha especie de peixe dulciacuícola da orde dos esociformes, que é o tipo da familia dos úmbridos.
Umbra krameri | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Umbra krameri Walbaum, 1792 | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
A especie foi descrita en 1792 polo médico, naturalista e taxónomo alemán Johann Julius Walbaum.[2]
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
Coa morfoloxía do corpo similar ao resto das especies da súa familia, a lonxitude máxima descrita foi de 17 cm,[3] aínda que a lonxitude media normal é moito máis pequena, duns 5 cm.[4]
Umbra krameri distribúese por Europa, nas concas hidrográficas dos ríos Danubio e Dniéster, aínda que podemos vela máis facilmente en acuarios, xa que se comercializa para o seu uso en acuarioloxía.[5] Encóntrase en Austria, Bosnia Herzegovina, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Hungría, Moldova, Montenegro, a República Checa, Romenia, Serbia e Ucraína.[1]
É unha especie bentopeláxica de río, non migradora, que prefire un rango de pH entre 6 e 6,5.[5]
Resiste unha ampla variedade de temperaturas entre os 5 e os 24 °C.[3]
Habita nas canles de irrigación pequenos e nas augas lentas e/ou estancadas con densa vexetación; é moi territorial, alimentándose no seu territorio de plancto de crustáceos de gran tamaño e de larvas de invertebrados.[3]
A especie encóntrase en estado vulnerable, debido á destrución dos seus hábitats, as novas técnicas agrícolas de irrigación e á desaparición das antigas gabias de rego nas que proliferaba, as restricións ás inundacións dos ríos, á presión debida á reintroducción de especies exóticas de peixes, e pola polución química.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.