From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos esociformes (Esociformes) é unha pequena orde de peixes teleósteos da superorde dos protacantopterixios, dulciacuícolas, distribuídos por ríos de Norteamérica e do norte de Eurasia.[1]
Esociformes Esociformes | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lucio (Esox lucius) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Nela encóntrase incluída unha famosa especie, o lucio, un voraz depredador dotado de mandíbulas moi potentes.
A orde foi descrita en 1859 polo naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker, experto no estudo comparado dos peixes, fundamente dos do leste asiático.[2][3][4]
O nome científico Esociformes está formado pola unión dos elementos esoc- e -iformes. O primeiro está tirado da raíz do nome do xénero tipo, Esox, [1] e o segundo é o sufixo empregado no latín científico para formar os nomes das ordes de animais.
Ademais de poo seu nome actualmanet válido, a orde coñeceuse tamén polos sinónimos:[Cómpre referencia]
Carecen de dentes. Tamén carcen da aleta adiposa como si teñen as especies doutras ordes da súa superorde emparentados con esta, como os salmoniformes. É moi característico que tanto a aleta dorsal como a aleta anal se encontren localizadas moi posteriormente.[5]
Os esócidos comprenden cinco especies de lucios que se encontran só nos lagos e ríos de máis fríos do hemisferio norte. Son peixes de aspecto moi característico, con fociños que recordan a un pico de pato, e corpos longos e tubulares. Poden chegar a medir até 1,8 m, e pesar até 35 kg. Son depredadores voraces, que comen outros peixes (incluídos outros lucios) e outros vertebrados como ras, aves e pequenos mamíferos; poden comer animais de até un terzo do seu tamaño. Os lucios son populares entre os pescadores deportivos, xa que pelexan cando son capturados e son bos como alimento.[6]
Os úmbridos só contan cun xénero actual, con tres especies,[7] que ocupan hábitats de auga doce sufocados por malas herbas no leste de América do Norte e o leste de Europa. Aínda que a familia contiña tradicionalmente os xéneros Umbra, Novumbra e Dallia, investigacións xenéticas e paleontolóxicas recentes considerararon esta agrupación como parafilética, e Novumbra e Dallia foron trasladadas á familia dos esócidos. Observouse que as especies de Umbra sobreviven baixo o xeo en invernos especialmente fríos, e teñen a capacidade de sobrevivir ao desecamento escavando coa cola no barro en tempos de seca.[8] Poden respirar aire atmosférico usando unha vexiga natatoria modificada para absorberen o oxíxeno.[9]
O seguinte cladograma ilustra as relacións entre os esociformes.
Esociformes |
| |||||||||||||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.