Remove ads

Os túrdidos (Turdidae) son unha familia de aves paseriformes que viven en todo o mundo, xeralmente chamados tordos e merlos.

Máis información Turdidae, Clasificación científica ...
Turdidae

Turdus migratorius
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Familia: Turdidae
Rafinesque, 1815
Xéneros

Uns 20, ver texto

Pechar

Características

Os túrdidos son aves de mediano a pequeno tamaño e suave plumaxe que habitan en áreas boscosas, que se alimentan a miúdo no chan. Os túrdidos máis pequenos pesan uns 21 g e miden 14,5 cm. Porén, os Brachypteryx, que teñen alianzas ambiguas tanto cos tordos coma cos muscicápidos, poden ser aínda máis pequenos, algúns de 12 cm. O maior dos tordos é o Myophonus caeruleus de 178 g e 33 cm. O Turdus fuscater é de lonxitude similar, pero menos pesado.[1] A maioría das especies son de cor gris ou marrón, frecuentemente con pintas na parte ventral.

Son insectívoros, pero a maioría das especies tamén comen vermes, caracois terrestres e froita. Moitas especies son residentes permanentes en climas cálidos, mentres que outros migran a latitudes máis altas durante o verán, a miúdo cubrindo distancias considerables.[2]

Os túrdidos constrúen niños con forma de copa, ás veces estrados con lama. Poñen de 2 a 5 ovos con pintas, e ás veces fan dúas ou máis postas ao ano. Ambos os pais axudan na crianza dos pitiños.[2]

O canto dalgunhas especies, como as dos xéneros Catharus, Myadestes, Sialia e Turdus, considéranse uns dos máis bonitos de todas as aves.[3][4]

Remove ads

Ecoloxía

Se ben moitos son insectívoros, algunhas especies de túrdidos facilitan á dispersión das sementes de moitas especies de plantas e contribúen á recuperación dos ecosistemas. As plantas teñen unha capacidade de dispersión das sementes lonxe da planta parental e consecuentemente dependen moito de diversos vectores de dispersión que transporten os seus propágulos, incluíndo tanto vectores abióticos coma bióticos. Moitos morcegos e aves teñen dietas baseadas nas froitas, incluíndo aves das familias Cotingidae, Columbidae, Trogonidae, Turdidae e Ramphastidae. Comen os froitos tragando as súas sementes e despois regurxítanas ou elimínanas coas feces. Esta ornitocoria foi o mecanismo principal de dispersión a través das barreiras oceánicas. Outras sementes ou esporas poden adherirse aos pés ou plumas das aves. Os túrdidos teñen unha grande importancia ecolóxica porque algunhas poboacións migran a longas distancias e dispersan as sementes.

Remove ads

Taxonomía

A familia Turdidae foi proposta (como Turdinia) polo erudito francés Constantine Samuel Rafinesque en 1815.[5][6] O tratamento taxonómico desta gran familia variou significativamente nos últimos anos. Tradicionalmente, os Turdidae incluían pequenas especies do Vello Mundo, como os reiseñores e paporrubios na subfamilia Saxicolinae, pero agora a maioría das autoridades clasifican estes na familia dos muscicápidos.

A familia antes incluía numerosas especies. No momento en que se publicou en 2003 a Howard and Moore Complete Checklist of the Birds of the World, os xéneros Myophonus, Alethe, Brachypteryx e Monticola estaban incluídos en Turdidae.[7] Posteriormente, os estudos de filoxenética molecular indicaron que as especies destes catro xéneros estaban máis relacionadas con especies da familia Muscicapidae.[8][9] En consecuencia, estes catro xéenros agora están clasificados como Muscicapidae.[10][11] Ao contrario, o xénero Cochoa, que previamente fora situado en Muscicapidae, agora foi pasado a Turdidae.[8][9]

Remove ads

Xéneros

FAMILIA: TURDIDAE

  • Xénero Neocossyphus, relacionado con Myadestes
  • Xénero Geokichla: (21 especies)
  • Xénero Zoothera (unhas 15 especies, unha extinguida recentemente)
  • Xénero Ixoreus, relacionado con outros xéneros do Novo Mundo
  • Xénero Ridgwayia, relacionado con Hylocichla
  • Xénero Cataponera
  • Xénero Grandala
  • Xénero Sialia (3 especies)
  • Xénero Myadestes (10 ou 11 especies vivas, 2 ou 3 extinguidas recentemente, inclúe o antigo xénero Phaeornis)
  • Xénero Cichlopsis, relacionado con Catharus
  • Xénero Catharus (12 especies)
  • Xénero Hylocichla
  • Xénero Entomodestes (2 especies), relacionado con Catharus
  • Xénero Turdus (unhas 65 especies, unha extinguida recentemente)
  • Xénero Cochoa (4 especies)
  • Xénero Chlamydochaera
  • Xénero Platycichla (2 especies), parte dun grupo suramericano dentro de Turdus
  • Xénero Nesocichla, parte dun grupo suramericano dentro de Turdus
  • Xénero Cichlherminia, xénero parafilético con Turdus
  • Xénero Psophocichla

Xéneros normalmente considerados membros dunha familia diferente e distantemente relacionados con Picathartes:

  • Xénero Chaetops (2 especies)

Para outras especies que antes estaban en Turdidae, ver Muscicapidae e Saxicolinae.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads