especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O trevo encarnado[1] (Trifolium incarnatum L.) é unha especie de trevo (leguminosa) que se utiliza como planta forraxeira en Europa, Australia, a Arxentina e os Estados Unidos.
Trevo encarnado | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Trevo encarnado | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
'Trifolium incarnatum' L. |
É unha planta herbácea anual, de follas e talos vilosos, que mide entre 20 e 50 cm. As follas son trifoliadas, cos folíolos de forma oval larga na punta e estreitos na base. A inflorescencia é cilíndrica, e está formada por 75 a 125 flores, que son pequenas e de cor encarnado escarlata. Ábrense sucesivamente desde a base até a punta da inflorescencia. As sementes son amarelentas e arredondadas. Un quilogramo contén aproximadamente 330.000 sementes.
As sementes xermolan axiña logo da sementeira. Adoita acontecer que haxa humidade de abondo para a xerminación mais non para o posterior crecemento das plántulas, o que remata derivando nun fracaso da sementeira. Isto débese a que a porcentaxe de sementes duras nesta especie é moi baixo. Para arranxalo, teñen aparecido variedades, como a Dixie, que producen máis sementes duras. O crecemento das plantas prodúcese en estado de roseta durante o outono e mailo inverno, pasado o cal aparecen talos florais erectos e viludos, nos que nacen as follas, e que rematan nunha inflorescencia. As flores son autofértiles, mais non se autopolinizan, senón que necesitan a axuda de abellas ou outros insectos, que acoden na procura de néctar e sacoden as flores, de forma que se polinizan. A fecundación ten lugar 18 horas despois da polinización, e a corola murcha. A semente madurece en 24 a 30 días, despois do que se desprende con facilidade e a planta morre.
É unha planta de día longo: florea cando a lonxitude do día é dunhas 12 horas.
Temperatura: é resistente tanto ao frío como á calor. A súa temperatura óptima de xerminación está entre os 15 e os 20 °C.
Auga: require 300–500 mm de choiva.
Solo: acepta texturas tanto areentas coma francas, mais pode ter problemas en solos arxilosos porque necesita unha boa drenaxe. Atura un pH de entre 5,5 e 7,5, mais o óptimo es 6,5. Require solos fértiles, e non tolera solos salinos.
É nativa do sur de Europa e do Cáucaso. Cultívase case exclusivamente no sur e na costa oeste dos Estados Unidos (California principalmente). En menor medida, tamén se cultiva no sur de Europa e en Australia e Nova Zelandia. Na Península Ibérica cultívase na zona norte e oeste da península (de Galiza ao País Vasco).
Ten interese coma cultivo anual invernal, para engadir forraxe de boa calidade á saída do inverno. O mellor aproveitamento é a sega ao inicio da floración, xa que se adapta mal ao pastoreo polo seu crecemento erecto e por mor a que os animais tenden a comer as inflorescencias, o que reduce a produción de sementes. Pode engadirse en verde, ou, preferentemente, conservarse mediante fenificación (seca da herba ou feo) ou ensilaxe. Ten unha boa palatabilidade, aínda que non se debe apañar despois da fin da floración, xa que os pelos das espigas e os talos se volven ríxidos e poden danar os animais cando os inxiran. A súa calidade nutricional é boa por mor ao seu alto contido proteico, porén, pode provocar meteorismo se se consome con cobiza.
Téñense desenvolvido variedades que son capaces de se resemenetar, grazas á súa maior porcentaxe de sementes duras. Algunhas son:
As variedades Dixie, Auburn e Autaga teñen características semellantes, mentres que Chief e Talledaga son de maduración máis serodia. As sementes de variedades con capacidade de resementeira non son distinguíbeis ás do trevo rubio.
A sementeira realízase en outubro, intentando aproveitar a choiva para sementar inmediatamente antes ou xusto despois, o que aumenta o número de sementes xermoladas. A dose de semeadura é de 10–20 kg/ha, a dose inferior aplícase en mestura. Pódese sementar mesturado con Trifolium subterraneum, aínda que esta mestura úsase pouco, xa que non aporta ningunha vantaxe na mestura de trevo subterráneo con outros trevos. En Galiza e no norte da península cultívase so ou mesturado con gramíneas de crecemento rápido coma ballico (Lolium perenne), para evitar a rega de meteorización. A produción oscila entre 15 e 20 toneladas de materia verde por hectárea, ou de 4 a 5 toneladas de feo, dependendo do clima e as condicións de cultivo.
Emprégase tamén como fertilizante verde, enterrando a biomasa vexetal en plena floración para mellorar a calidade nutricional dos solos pobres. Malia ter sido unha cultura en regresión, ao igual que outras leguminosas forraxeiras, a implantación de prácticas agronómicas sustentábeis está a favorecer a recuperación desta especie. Nalgunhas zonas dos Estados Unidos é utilizado nos bermas e gavias das estradas para controlar a erosión.
Trifolium incarnatum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 769. 1753.[2]
Número de cromosomas de Trifolium incarnatum (Fam. Leguminosae) e táxones infraespecíficos: 2n=14[3]
Trifolium: nome xenérico derivado do latín que significa "con tres follas".[4]
incarnatum: epíteto latino que significa "de cor encarnada"[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.