composición musical de Krzysztof Penderecki From Wikipedia, the free encyclopedia
Tren ofiarom Hiroszimy (traducible ó galego dende o polaco como "Laio ás vítimas de Hiroshima")[1] é unha composición musical composta en 1960 por Krzysztof Penderecki para 52 instrumentos de corda. Dedicada ós residentes de Hiroshima asasinados e feridos polo primeiro bombardeo atómico da historia, a composición gañou o terceiro premio na Competición Grzegorz Fitelberg en Katowice celebrada en 1960 e gañou o premio da UNESCO Tribune internationale des compositeurs en 1961.[2][3]
No cinema, empregáronse anacos de Tren ofiarom Hiroszimy en filmes como Children of Men de Alfonso Cuarón,[4][5] The People Under the Stairs de Wes Craven,[6][7] a serie de televisión Twin Peaks de David Lynch,[8][9] e no filme Doppelgänger de Gerry Anderson.[10] Na música, anacos de Tren ofiarom Hiroszimy foron empregados nunha versión da canción de 1991 You Love Us, de Manic Street Preachers[11] e na estrea de SebastiAn Bird Games.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.