From Wikipedia, the free encyclopedia
O Trapecio, Cúmulo do Trapecio ou O Trapecio do Cúmulo de Orión é un pequeno cúmulo estelar no corazón da Nebulosa de Orión, a cal pertence á constelación de Orión. Foi descuberto por Galileo Galilei. O 4 de febreiro de 1617, Galileo puido esbozar tres das estrelas (A, C, D), pero o resto de estrelas estaban confundidas entre a nebulosidade circundante.[1][2][3] A cuarta compoñente (B) foi identificada por varios observadores no ano 1673, e varias compoñentes máis foron descubertas máis tarde, para un total de oito estrelas confirmadas, ala polo ano 1888. Posteriormente varias das estrelas foron confirmadas coma binarias. Os telescopios dos astrónomos afeccionados de preto de 5 cm de apertura pode resolver seis estrelas en boas condicións de visibilidade.[4]
Cúmulo do Trapecio | |
---|---|
Imaxe óptica do Trapecio (na esquerda) e no infravermello próximo (na dereita), tomada polo Telescopio Espacial Hubble. Créditos: Nasa | |
Descubrimento | |
Descubridor | Galileo Galilei [1] |
Data do descubrimento | ? |
Observación | |
Época= X.2000 | |
Constelación de | Orión (constelación) |
Pertence á | Nebulosa de Orión |
Ascensión recta | 05h 35,4m |
Declinación | −05° 27′ |
Características | |
Distancia | 1,6 KAl (490 pc) |
Tamaño angular | 47 segundos de arco |
Magnitude aparente | 4,0 |
Masa | ? |
Raio estimado | 10 anos luz |
Idade estimada | 3 × 105 anos |
O trapecio é un cúmulo relativamente novo que se formou directamente da nebulosa nai. As cinco estrelas máis brillantes son da orde de entre 15 a 30 masas solares de tamaño. Elas están separadas entre si dentro dun diámetro de 1,5 anos luz e son responsables de boa parte da iluminación da nebulosa. O Trapecio podería ser un sub-compoñente do Cúmulo da Nebulosa de Orión, un grupo de preto de 2.000 estrelas dentro dun diámetro duns 20 anos luz.
É máis facilmente identificable polo asterismo das catro estrelas relativamente máis brillantes. As catro son moitas veces identificadas coma A, B, C, e D, en orde crecente respecto da súa ascensión recta. A máis brillante das catro estrelas é C, ou Theta1 Orionis C, cunha magnitude aparente de 5,13. Tanto A coma B foron identificadas coma binarias eclípsantes.
As imaxes no infravermello do Trapecio son as que foron capaces de penetrar mellor entre as nubes de po, e grazas a elas detectáronse moitas máis compoñentes estelares. Preto da metade das estrelas dentro do cúmulo posúen discos circumestelares que se están disipando, moi posiblemente unha condición precursora da formación planetaria. Ademais, tamén foron identificadas varias ananas marróns e varias estrelas fuxitivas de baixa masa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.