Transglutaminase

From Wikipedia, the free encyclopedia

Transglutaminase

As transglutaminases son encimas que na natureza catalizan principalmente a formación dun enlace isopeptídico entre o grupo γ-carboxamida ( -(C=O)NH2 ) da cadea lateral dun residuo de glutamina e o grupo ε-amino ( -NH2 ) da cadea lateral dun residuo de lisina coa conseguinte liberación de amoníaco ( NH3 ). Os residuos de lisina e glutamina deben estar unidos a un péptido ou proteína para que se poidan producir estes enlaces cruzados (entre moléculas separadas) ou enlaces intramoleculares (dentro da mesma molécula).[1] Os enlaces formados polas transglutaminases mostran gran resistencia á degradación proteolítica.[2] A reacción é[1]

Gln-(C=O)NH2 + NH2-Lys → Gln-(C=O)NH-Lys + NH3
Datos rápidos Identificadores, Número EC ...
Exemplo de transglutaminase: factor XIII de coagulación do sangue humano. PDB 1EVU.
Identificadores
Número EC 2.3.2.13
Número CAS 80146-85-6
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum
Pechar

As transglutaminases poden tamén enlazar unha amina primaria ( RNH2 ) á cadea lateral do grupo carboxiamida dun residuo de glutamina dunha proteína/péptido, formando así un enlace isopeptídico[1]

Gln-(C=O)NH2 + RNH2 → Gln-(C=O)NHR + NH3

Estes encimas poden tamén desamidar residuos de glutamina a residuos de ácido glutámico en presenza de auga[1]

Gln-(C=O)NH2 + H2O → Gln-COOH + NH3

A transglutaminase illada da bacteria Streptomyces mobaraensis é un exemplo de encima independente do calcio. Ao contrario, as transglutaminases de mamíferos, entre outras, necesitan ións Ca2+ como cofactores.[1]

As transglutaminases describíronse por primeira vez en 1959.[3] A actividade bioquímica exacta das transglutaminases descubriuse na proteína da coagulación do sangue factor XIII en 1968.[4]

Exemplos

Mecanismo de reacción da tTG
A reacción de arriba mostra como a transaminase se combina cun residuo de glutamina, liberando amoníaco, e despois a combinación reacciona co grupo amino dun residuo de lisina doutra proteína, deixando o encima libre de novo.

Caracterizárone nove transglutaminases en humanos,[5] oito das cales catalizan reaccións de transamidación. Estas transglutaminases teñen unha organizoción en tres ou catro dominios, con dominios similares aos de inmunoglobulina que rodean o dominio catalitico central. O dominio central pertence á superfamilia da protease similar á papaína (clan CA) e usa unha tríade catalítica Cys-His-Asp.[2] A proteína 4.2, tamén chamada banda 4.2, é un membro cataliticamente inactivo da familia da transglutaminase humana que ten unha substitución de Cys a Ala na tríade catalítica.[6]

Máis información Nome, Xene ...
NomeXeneActividadeCromosomaOMIM
Factor XIII (factor estabilizante da fibrina) cadea AF13A1coagulación do sangue6p25-p24Online 'Mendelian Inheritance in Man' (OMIM) 134570
Transglutaminase de queratinocitoTGM1pel14q11.2Online 'Mendelian Inheritance in Man' (OMIM) 190195
Transglutaminase dos tecidosTGM2ubicua20q11.2-q12Online 'Mendelian Inheritance in Man' (OMIM) 190196
Transglutaminase epidérmicaTGM3pel20q12Online 'Mendelian Inheritance in Man' (OMIM) 600238
Transglutaminase da próstataTGM4próstata3p22-p21.33Online 'Mendelian Inheritance in Man' (OMIM) 600585
TGM XTGM5[7]pel15q15.2Online 'Mendelian Inheritance in Man' (OMIM) 603805
TGM YTGM6nervios, SNC20q11-15Online 'Mendelian Inheritance in Man' (OMIM) 613900
TGM ZTGM7testículos, pulmóns15q15.2Online 'Mendelian Inheritance in Man' (OMIM) 606776
Proteína 4.2EPB42eritrocitos, medula ósea, bazo15q15.2Online 'Mendelian Inheritance in Man' (OMIM) 177070
Pechar

As transglutaminases bacterianas son proteínas dun só dominio cun núcleo central con pregamento similar. As transglutaminases atopadas nalgunas bacterias funcionan cunha díade Cys-Asp.[8]

Máis información Identificadores, Símbolo ...
Transglutaminase, N-terminal, similar a Ig E-set
Identificadores
SímboloTransglut_N
PfamPF00868
InterProIPR001102
CATH1ex0A01
SCOPed1ex0a1 / SUPFAM
Núcleo similar a transglutaminase
Identificadores
SímboloTransglut_core
PfamPF01841
InterProIPR002931
SMARTSM00460
PROSITEPS00547
CATH1ex0A02
SCOPed1ex0a4 / SUPFAM
Transglutaminase, C-terminal, similar a Ig
Identificadores
SímboloTransglut_C
PfamPF00927
InterProIPR008958
CATH1ex0A03
SCOPed1ex0a2 / SUPFAM
Transglutaminase bacteriana
Identificadores
SímboloTransglut_prok
PfamPF09017
InterProIPR015107
CATH3iu0
SCOPe1iu4 / SUPFAM
Pechar

Función biolóxica

As transglutaminases forman grandes cantidades de enlaces cruzados, xeralmente creando polímeros de proteínas insolubles. Estes polímeros biolóxicos son indispensables para que un organismo cree barreiras e estruturas estables. Exemplos destes polímeros son os coágulos sanguíneos (factor XIII da coagulación), os da pel e pelo. A reacción catalítica considérase xeralmente irreversible, e debe ser estreitamente monitorizada por medio de fortes mecanismos de control.[2]

Papel en doenzas

A deficiencia do factor XIII (unha condición xenética rara) predispón a hemorraxias. Pode usarse o encima concentrado para corrixir as anormalidades e reducir o risco de hemorraxia.[2]

Atópanse anticorpos anti-transglutaminase na enfermidade celíaca e pode ter un papel nos danos no intestino delgado en resposta á gliadina da dieta que caracteriza esta condición.[2] Na condición relacionada dermatite herpetiformis, na cal se atopan con frecuencia cambios no intestino delgado e que responde á exclusión da dieta de produtos de trigo que conteñen gliadina, a transglutaminase epidermica é o autoantíxeno predominante.[9]

Investigacións recentes indican que os pacientes de enfermidades neurolóxicas como a enfermidade de Huntington[10] e a de Parkinson[11] poden ter raramente niveis altos dun tipo de transglutaminase, a transglutaminase dos tecidos. Hipotetízase que a transglutaminase dos tecidos pode estar implicada na formación de agregados de proteínas que causan a enfermidade de Huntington, aínda que moi probablemente isto non é necesario.[2][12]

As mutacións na transglutaminase de queratinocito están implicadas na ictiose lamelar.

Estudos estruturais

A finais de 2007, resolvéranse 19 estruturas para esta clase de encimas, cos seguintes códigos de acceso de PDB: PDB 1EVU, PDB 1EX0, PDB 1F13, PDB 1FIE, PDB 1G0D, PDB 1GGT, PDB 1GGU, PDB 1GGY, PDB 1IU4, PDB 1KV3, PDB 1L9M, PDB 1L9N, PDB 1NUD, PDB 1NUF, PDB 1NUG, PDB 1QRK, PDB 1RLE, PDB 1SGX e PDB 1VJJ.

Aplicacións industriais e culinarias

Thumb
Tres pezas de carne de restaurante que se unen con "cola de carne" de transglutaminase. Déixase que actúe toda a noite e despois desenvólvese, córtase en porcións, cocíñase e sérvese.
Thumb
Tarrina de polo tratada con transglutaminase.

No procesamento da comida industrial, utilízase a transglutaminase para unir proteínas. Exemplos de alimentos feitos usando a transglutaminase son as imitacións de carne de cangrexo e as albóndigas de peixe. Prodúcese por medio da fermantación por Streptomyces mobaraensis en cantidades comerciais (P81453) ou extráese de sangue animal,[13] e utilízase nunha variedade de procesos, incluíndo a produción de carne procesada e produtos de peixe.

A transglutaminase pode utilizarse como axente aglutinante para mellorar a textura de alimentos ricos en proteínas, como os surimi ou certos xamóns.[14]

A "cola de carne" de trombinafibrinóxeno de fontes bovinas o porcinas foi prohibida na Unión Europea como aditivo alimentario en 2010.[15] Ao contrario, a transglutaminase segue sendo un aditivo permitido e non se obriga a declarar o seu uso, xa que se considera unha axuda ao procesamento e non un aditivo que siga presente no produto final.

Gastronomía molecular

A transglutaminase tamén se usa en gastronomía molecular para combinar novas texturas con sabores existentes. Ademais destes usos principais, a transglutaminase foi utilizada para crear algúns alimentos pouco comúns. O chef británico Heston Blumenthal tivo sona pola introdución da transglutaminase na cociña moderna.

Wylie Dufresne, chef do restaurande de vangarda de Nova York wd~50, foi iniciado no uso da transglutaminase por Blumenthal, e inventou unha "pasta" feita cun 95% de gambas grazas ao uso de transglutaminase.[16]

Sinónimos

  • proteína-glutamina gamma-glutamiltransferase (sistemático)
  • fibrinoligase
  • glutaminilpeptido gamma-glutamiltransferase
  • proteína-glutamina:amina gamma-glutamiltransferase
  • R-glutaminil-péptido:amina gamma-glutamil transferase

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.