física nuclear xaponesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Toshiko Yuasa, nada en Taitō,Toquio (Xapón) o 11 de decembro de 1909[1]e finada en Ruán (Francia) o 1 de febreiro de 1980, foi unha física nuclear xaponesa. É coñecida por ser a primeira física do Xapón, así como polas súas investigacións en relación ás partículas beta, polo que sería considerada a "Marie Curie xaponesa".[2]
(1947) | |
Nome orixinal | (ja) 湯浅年子 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de decembro de 1909 Ueno, Xapón (pt) |
Morte | 1 de febreiro de 1980 (70 anos) Ruán, Francia |
Causa da morte | cancro |
Educación | University of Tsukuba (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Física nuclear |
Ocupación | científico nuclear, profesora universitaria |
Empregador | Universidade Ochanomizu (pt) Centre national de la recherche scientifique Tokyo Woman's Christian University (pt) RIKEN (en) |
Profesores | Frédéric Joliot |
Obra | |
Doutorando | Eid Hourany (pt) |
Premios | |
O seu pai era un enxeñeiro empregado na oficina de patentes xaponesa, e a súa nai pertencía a unha familia tradicional de escritores. Toshiko era o segundo descendente máis novo de sete irmáns. Estudou na División de Ciencia da Escola Superior Normal de Mulleres de Toquio (na actualidade, a Universidade Ochanomizu) dende 1927 ata a súa graduación en 1931. Posteriormente matriculouse no Departamento de Física da Universidade Bunrika de Toquio (na actualidade, a Universidade de Tsukuba), onde se graduaría en 1934, sendo a primeira muller graduada en Fsica no Xapón.[3]
Yuasa comezou a impartir clase na Universidade Bunrika a tempo parcial como axudante. Alí comezou as súas investigacións en espectroscopia molecular. En 1935 converteuse en profesora na Universidade Cristiá de Mulleres de Toquio, onde permaneceu até 1937. Durante o ano seguinte sería contratada como profesora axudante na Escola Superior Normal de Mulleres de Toquio.[4]
Yuasa inspirouse na descuberta da radioactividade artificial por Irène e Frédéric Joliot-Curie no Instituto de Radio en París. Debido ás difíciles condicións de investigación en Toquio, Yuasa mudouse a París en 1940, malia que a segunda guerra mundial acababa de empezar. Traballou baixo a supervisión de Frédéric Joliot-Curie no Collège de Francia, onde se centrou na investigación das partículas alfa e beta emitidas por núcleos radioactivos artificiais, así como no espectro de enerxía de partículas beta. Obtivo o seu doutoramento en 1934 coa súa tese Contribution à l'étude du spectre continu des rayons β− émis par les corps radioactifs artificiels (Contribución ao estudo do espectro continuo das radiacións β- emitidas polos corpos radioactivos artificiais).
En agosto de 1944, Yuasa viuse forzada a deixar París e ir a Berlín. Alí continuaría as súas investigacións nun laboratorio da Universidade Humboldt e desenvolveu o seu propio espectrómetro de raios beta. En 1945, foi obrigada por forzas soviéticas a regresar ao Xapón, ata onde viaxaría co seu espectrómetro ás costas. Ao seu regreso a Toquio, volveu outra vez á Escola Superior Normal de Mulleres de Toquio como profesora. Non puido continuar a súa investigación anterior debido á prohibición da investigación nuclear no Xapón por parte das Forzas de Ocupación dos Estados Unidos. De 1946 a 1949 traballou no Centro Nishina para a Ciencia baseada en Aceleradores, pertencente ao RIKEN, e impartiu clases na Universidade de Kyoto entre 1948 e 1949.
Yuasa volveu a Francia en maio de 1949 como investigadora no CNRS á vez que profesora en excedencia na Universidade Ochanomizu. Decidiu asentarse en Francia en 1955, renunciando ao seu posto en Ochanomizu. No CNRS comezou a investigar a desintegración beta utilizando unha Cámara de Wilson, e en 1954 publicou un artigo avisando dos perigos das probas da bomba de hidróxeno no Atol Bikini. Foi ascendida a maître de recherche (investigadora xefe) no CNRS en 1957.
A súa investigación orientouse en 1960 cara ás reaccións nucleares que utilizan sincrociclotróns, e en 1962 obtivo o doutoramento na Universidade de Kyoto pola súa tese Étude du type d’invariant de l’interaction Gamow-Teller en désintégration β− de 6He" (Estudo dun tipo de interacción invariante Gamow-Teller na desintegración β- de 6He")
Yuasa xubilouse en 1974, pero permaneceu como investigadora emérita no CNRS a partir de 1975. En xaneiro de 1980 foi hospitalizada no Centro Henri-Becquerel (Ruán), onde falecería de cancro o 1 de febreiro, aos 70 anos de idade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.