From Wikipedia, the free encyclopedia
Anthony Francis O'Connell "Tony" Maggs nado en Pretoria, Suráfrica o 9 de febreiro de 1937 e finado o 2 de xuño de 2009,[1] foi un piloto de competición de Suráfrica. Participou en 27 Grandes Premios do Campionato do Mundo, no que debutou o 15 de xullo de 1961. Logrou tres podios e anotou un total de 26 puntos de campionato.
Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de febreiro de 1937 Pretoria, Suráfrica | ||||||||||||||||||||||
Morte | 2 de xuño de 2009 (72 anos) Caledon, Suráfrica (en) | ||||||||||||||||||||||
Causa da morte | cancro | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo | ||||||||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | ||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans |
Era o fillo dun rico agricultor e home de negocios, Tony Maggs formou parte do equipo de Fórmula Júnior de Ken Tyrrell, nun Cooper-BMC en 1961 e compartiu o Campionato de Europa con Jo Siffert.[2] Foi invitado ao equipo Cooper de Fórmula Un para 1962-1963, terminou segundo no Gran Premio de Francia ambos anos, pero foi substituído a finais de 1963.[3][4]
Maggs marchou a Scuderia Centro Sud para 1964 e pese ao feito de que o seu BRM P57 non era unha máquina moderna logrou puntuar en dúas das tres carreiras nas que logrou saír,[2] tamén volveu a Fórmula 2 cun MRP Lola e con David Piper gañou a carreira das 9 Horas de Kyalami nun Ferrari GTO.[2]
En 1965, Maggs competiu soamente nunha carreira de Fórmula 1, con Reg Parnell Racing, no Gran Premio de Suráfrica de 1965 no Circuíto Prince George, pero continuou participando con éxito tanto en Fórmula 2 como en coches deportivos,[2] pero nunha carreira nacional en Pietermaritzburg estrelou o seu Brabham e un espectador de pé nunha zona restrinxida foi golpeado e morreu. Maggs inmediatamente retirouse do deporte do motor para concentrarse nos seus intereses comerciais.
Maggs morreu o 2 de xuño de 2009, de cancro.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1961 | Louise Bryden-Brown | Lotus 18 | Climax 4 en liña | MON | NED | BEL | FRA | GBR 13 |
ALE 11 |
ITA | USA | NC | 0 | ||
1962 | Cooper Car Company | Cooper T55 | Climax 4 en liña | NED 5 |
MON Ret |
ALE 9 |
7º | 13 | |||||||
Cooper T60 | Climax V8 | BEL Ret |
FRA 2 |
GBR 6 |
ITA 7 |
USA 7 |
RSA 3 |
||||||||
1963 | Cooper Car Company | Cooper T66 | Climax V8 | MON 5 |
BEL 7 |
NED Ret |
FRA 2 |
GBR 9 |
ALE Ret |
ITA 6 |
USA Ret |
MEX Ret |
RSA 7 |
8º | 9 |
1964 | Scuderia Centro Sud | BRM P57 | BRM V8 | MON | NED NTS |
BEL NTS |
FRA | GBR Ret |
ALE 6 |
AUT 4 |
ITA | USA | MEX | 12º | 4 |
1965 | Reg Parnell Racing | Lotus 25 | BRM V8 | RSA 11 |
MON | BEL | FRA | GBR | NED | ALE | ITA | USA | MEX | NC | 0 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.