From Wikipedia, the free encyclopedia
Tierra de Lobos é unha serie de televisión española producida por Multipark Ficción e Boomerang TV e emitida por Telecinco. Ambientada na España de finais do século XIX, combina acción, aventura, intriga, romance e elementos característicos do western. Estreouse o 29 de setembro de 2010 con boa acollida, sendo a serie líder da noite e a máis vista.[1] Está protagonizada polos actores españois Álex García e Junio Valverde, e nela participa tamén a galega María Castro.
Formato | Serie western, drama, romántica. |
---|---|
Intérpretes | Álex García Junio Valverde María Castro Javier Villalba Juan Fernández Silvia Alonso Adriana Torrebejano Dafne Fernández Carla Díaz Antonio Velázquez Nicolás Coronado Jordi Rico Eva Pedraza Mamen Duch Mario Pardo |
País de orixe | España |
Episodios | 14 |
Duración | 80 min aprox. |
Canle de orixe | Telecinco |
Primeiro episodio | 29 de setembro de 2010 |
Derradeiro episodio | 14 de xaneiro de 2014 |
Na rede | |
http://www.telecinco.es/tierradelobos/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tierra de Lobos estreou o primeiro capítulo da serie o 29 de setembro de 2010 cun bo dato: un total de 2.626.000 de espectadores e un 15,6% de share, sendo líder da noite superando a Rafael en Antena 3 (13,7%) e Comando actualidad en La 1 (10,8%).
Telecinco fixo un cambio na súa programación pasando a serie da noite dos mércores á do martes. Foi no capítulo 5 titulado «El descubrimento de Almudena» que corresponde á data do 2 de novembro.[2]
O último capítulo, o do 28 de decembro de 2010, supuxo unha nova marca particular. Un 18% de cota de pantalla e 3.358.000 espectadores seguiron o desenlace da primeira tempada da serie, unha das apostas máis fortes de Telecinco. A falta duns capítulos por acabar a primeira tempada, Multipark Ficción e Telecinco acordaron unha segunda tempada de 16 capítulos, pero que segundo eles, se estrenarian en dúas tempadas cada unha de 8 episodios.
O 8 de setembro de 2011, varios portais fixéronse eco da noticia sobre a estrea da segunda tempada de Tierra de Lobos. Segundo o actor, Sergio Peris -que se incorpora á segunda tempada- nunha publicación na súa conta de Twitter afirmou que a serie estrearíase o 28 de setembro de 2011.[3]
Así foi, o 28 de setembro de 2011, un ano logo da súa estrea en Telecinco, o serial Tierra de Lobos iniciaba a súa segunda tempada cargada de grandes novidades. O regreso de Tierra de Lobos levou o gato á auga co inicio da súa segunda tempada a Telecinco. A pesar do seu descenso respecto da despedida da primeira, obtivo un positivo 15,7% e 2.783.000 espectadores.[4][5][6]
1875. Os irmáns César Bravo e Román Bravo regresan á terra onde naceron tras fuxir dun atraco frustrado en Portugal no que morreron todos os seus colegas. Todo o que alí teñen é a leira La Quebrada e a destartalada cabana na que creceron, únicos recursos á súa disposición para romper co seu pasado e empezar unha nova vida.
Con todo, os irmáns Bravo ven obstaculizadas as súas boas intencións polo señor Lobo, o terratenente local, un home duro e poderoso que manexa ao seu antollo os designios da empobrecida xente do pobo e que ve nos forasteiros unha ameaza para o mantemento da súa oligarquía. Lobo é viúvo e vive coas súas fillas Almudena, Isabel, Nieves e Rosa, catro mozas moi distintas ás que trata cunha mestura de autoridade e paternalismo.
Lobo e os seus secuaces, encabezados por Aníbal, o seu capataz, intentarán por todos os medios que os dous forasteiros marchen, pero non poderá impedir que xurda o amor entre unha das súas fillas e o maior dos fuxidos, a pesar de que a moza está comprometida con Félix, o médico local.
A subsistencia dos irmáns Bravo parece un reto imposible: teñen a Lobo e a todo o pobo en contra, excepto Elena. Con todo todo cambia coa aparición de Jean Marie Raymond, un extravagante personaxe chegado de Suíza que lles convence de que o seu terreo esconde un manancial de auga medicinal co que poderían gañar moito diñeiro. Os Bravo deciden entón quedar e loitar polo que é seu, unha loita na que terán que enfrontarse á hostilidade da contorna e na que descubrirán escuros segredos sobre o pobo, as súas xentes e a súa propia historia que permanecían enterrados na memoria colectiva de 'Tierra de Lobos'.
Capítulo | Nome | Data de emisión | Espectadores | Share |
---|---|---|---|---|
PRIMEIRA TEMPADA | ||||
01 | En busca de un nuevo comienzo | 29 de setembro de 2010 | 2.626.000 | 15,6% |
02 | Un pozo para morir | 6 de outubro de 2010 | 2.767.000 | 15,8% |
03 | Hasta la última gota | 13 de outubro de 2010 | 2.404.000 | 13,1% |
04 | Luna llena | 20 de outubro de 2010 | 2.077.000 | 15,9% |
05 | El descubrimiento de Almudena | 2 de novembro de 2010 | 2.764.000 | 15,4% |
06 | Anselmo está arruinado | 9 de novembro de 2010 | 2.791.000 | 15,0% |
07 | Al amanecer | 16 de novembro de 2010 | 2.940.000 | 16,0% |
08 | Se busca | 23 de novembro de 2010 | 3.109.000 | 16,6% |
09 | Huída | 30 de novembro de 2010 | 3.220.000 | 16,7% |
10 | La feria | 7 de decembro de 2010 | 2.668.000 | 14,7% |
11 | La quebrada | 14 de decembro de 2010 | 3.060.000 | 16,5% |
12 | El penal de la torre | 21 de decembro de 2010 | 3.165.000 | 17,2% |
13 | Sí, quiero | 28 de decembro de 2010 | 3.358.000 | 18,0% |
SEGUNDA TEMPADA | ||||
14 | Yo te maldigo | 28 de setembro de 2011 | 2.783.000 | 15,7% |
15 | Pueblo tomado | 5 de outubro de 2011 | 2.790.000 | 15,3% |
16 | Quiero verte sufrir | 12 de outubro de 2011 | 2.588.000 | 13,5% |
17 | Traición | 19 de outubro de 2011 | 2.808.000 | 15,0% |
18 | La leyenda de las tres llaves | 26 de outubro de 2011 | 3.029.000 | 15,6% |
19 | Como hermanos | 2 de novembro de 2011 | 3.003.000 | 15,9% |
20 | El túnel | 9 de novembro de 2011 | 2.856.000 | 15,3% |
21 | Tierra quemada | 16 de novembro de 2011 | 3.093.000 | 16,1% |
22 | Quebrantahuesos | 23 de novembro de 2011 | 3.002.000 | 15,5% |
23 | Forajidos | 30 de novembro de 2011 | 2.931.000 | 14,9% |
24 | La misma sangre | 7 de decembro de 2011 | 2.803.000 | 15,0% |
25 | La viuda | 14 de decembro de 2011 | 3.174.000 | 16,8% |
26 | Una promesa cumplida | 21 de decembro de 2011 | 3.248.000 | 17,0% |
TERCEIRA TEMPADA | ||||
27 | Fernando Bravo | 17 de setembro de 2013 | 1.905.000 | 11,6% |
28 | Vuelta a casa | 24 de setembro de 2013 | 1.941.000 | 11,6% |
29 | Polvo a polvo | 1 de outubro de 2013 | 2.108.000 | 11,7% |
30 | Hermanos de sangre | 8 de outubro de 2013 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.