novela de Émile Zola From Wikipedia, the free encyclopedia
Thérèse Raquin[1] é a terceira novela do escritor francés Émile Zola e publicouse en 1867.[2] A obra, dividida en tres partes, presenta os trazos que fixaran os alicerces do naturalismo desenvolvido anos máis tarde na literatura co ciclo de Rougon-Macquart. Así mesmo, permitirá que o público parisiense coñeza o autor galo. Será el mesmo quen se faga cargo da posta en escena, en 1873, dunha peza de teatro inspirada na súa novela e intitulada Thérèse Raquin : drame en 4 actes.
Thérèse Raquin | |
---|---|
Cartel que publicita o lanzamento de Thérèse Raquin por fascículos de periodicidade semanal ao longo de 1867. | |
Título orixinal | Thérèse Raquin |
Autor/a | Émile Zola |
Orixe | Francia |
Lingua | Francés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | L'Artiste Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1867 2017 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 272 |
ISBN | ISBN 978-84-945403-0-1 |
Tradución | Isabel Soto |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducido ó galego por Isabel Soto[3] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2017.[1]
Unha moza chamada Thérèse casa co seu curmán Camille, co cal vive, cas da tía, condenada a unha existencia monótona. Pouco teempo despois da voda, o rapaz leva con el para a casa a un amigo, Laurent, polo cal Teresa se sente atraída; comenzan pois unha relación, que acabará cun crime, e en consecuencia con remorsos.
A obra literaria foi levada ao cinema e á televisión en varias ocasións. Dúas das adaptacións máis notables son a película francesa Thérèse Raquin de 1953, do director Marcel Carné, protagonizada por Simone Signoret e Raf Vallone; así como o filme estadounidense In Secret de 2013, coas interpretaciones de Elizabeth Olsen como Thérèse e Jessica Lange como Madame Raquin. Oscar Isaac e Tom Felton interpretan a Laurent e a Camille respectivamente.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.