Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
The Times of India (TOI) é un xornal diario de gran formato en inglés moi popular na India. Ten a maior circulación entre todos os diarios en inglés no mundo, en todos os formatos (gran formato, compacto, berliner e en liña).[1][2] É propiedade de The Times Group, que á súa vez é propiedade da familia Sahu Jain.
The Times of India | |
---|---|
Cartel publicitario nunha rúa de Mandawa | |
Formato de páxina | Gran formato |
Fundación | 3 de novembro de 1838 |
Propietario | The Times Group |
Lingua | Inglés |
Periodicidade | diaria |
ISSN | 0971-8257 |
Número OCLC | 23379369 |
Na rede | |
http://www.timesofindia.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 2008, o xornal indicou que cunha circulación de máis de 3,14 millóns de exemplares estaba certificado pola Audit Bureau of Circulations como o diario máis vendido en inglés a nivel mundial, co cal se situaba no posto 8° como o periódico máis vendido no mundo en calquera idioma.[3] Segundo unha enquisa realizada na India en 2008, The Times of India era o xornal en inglés máis lido nese país, con 13,3 millóns de lectores.[4] Segundo ComScore, a versión en liña de TOI era a páxina web máis visitada dun xornal con 159 millóns de visitas en maio de 2009, superando as páxinas web de The New York Times, The Sun, The Washington Post, Daily Mail e USA Today.
The Times of India foi fundado o 3 de novembro de 1838 como The Bombay Times and Journal of Commerce, durante o Raj Británico.[5] O nome actual foi adoptado en 1861. Publicado cada sábado e mércores, o xornal lanzouse como unha edición bisemanal. Contiña noticias de Europa, América e o subcontinente indio, que eran transmitidas entre a India e Europa mediante barcos de vapor regulares. As edicións diarias dos xornais empezaron en 1850. No século XIX, a compañía empregaba máis de 800 persoas e tiña unha tirada considerable na India e Europa. Orixinalmente controlado e de propiedade británica, o seu último editor británico foi Ivor S. Jehu, que renunciou ao cargo en 1950. Foi despois da independencia da India cando a propiedade do xornal pasou a mans da entón famosa familia de industria de Dalmiya e, posteriormente, foi comprado por Sahu Shanti Prasad Jain do grupo Sahu Jain de Bijnore, Uttar Pradesh.
The Times of India publícao o grupo de medios de comunicación Bennett, Coleman & Co. Ltd. Esta compañía, xunto co grupo de compañías coñecido como The Times Group, tamén publica The Economic Times, Mumbai Mirror, o Navbharat Times (diario de gran formato en hindi) e o Maharashtra Times (diario de gran formato en marathi).
O Times declárase a si mesmo como un xornal liberal[6] e algunhas veces é descrito como irreverente.[7]
En xaneiro de 2007, lanzouse en Bangalore a edición en kanarés e en abril de 2008, lanzouse a edición en Chennai. Os seus principais rivais na India son The Hindu e Hindustan Times, que posúen a segunda e a terceira posición en canto a circulación.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.