From Wikipedia, the free encyclopedia
The Ballad of Darren é o noveno álbum de estudio da banda inglesa de rock Blur, publicado o 21 de xullo de 2023 a través dos selos Parlophone e Warner Records. Os temas do disco foron escritos polo líder Damon Albarn en 2022 mentres estaba de xira con Gorillaz, e posteriormente compostos por Albarn e o resto da banda. Foi producido por James Ford no Studio 13 en Londres e Devon. É o primeiro álbum de Blur dende The Magic Whip (2015), e tamén é o seu álbum máis curto, cunha duración por debaixo dos 40 minutos. A portada é unha fotografía de 2004 dun home nadando só na Gourock Outdoor Pool en Gourock, Escocia, tomada por Martin Parr. O seu título refírese a Darren "Smoggy" Evans, o gardacostas da banda dende hai moito tempo.[1]
The Ballad of Darren | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Blur | ||||
Publicado | 21 de xullo de 2023 | |||
Gravación | xaneiro - maio de 2023 | |||
Estudio(s) | Studio 13, London & Devon | |||
Duración | 36:04 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, indie rock, baroque pop, lounge pop | |||
Selo(s) | Parlophone, Warner Records | |||
Produtor | James Ford | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
The Ballad of Darren publicouse con recensións positivas. Converteuse no sétimo álbum consecutivo da banda en chegar ao número un no Reino Unido.[2] Tamén foi número un nas listas de Bélxica, Irlanda, Escocia e Suíza, e foi o primeiro disco da banda en entrar no Top 10 da lista estadounidense Top Album Sales, chegando ao número 8. O álbum foi promocionado polos sinxelos "The Narcissist", "St. Charles Square" e "Barbaric", así como por unha xira mundial.
Tódolos temas escritos e compostos por Damon Albarn, Graham Coxon, Alex James e Dave Rowntree..
N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "The Ballad" | 3:37 | |||||||
2. | "St. Charles Square" | 3:55 | |||||||
3. | "Barbaric" | 4:09 | |||||||
4. | "Russian Strings" | 3:38 | |||||||
5. | "The Everglades (For Leonard)" | 2:56 | |||||||
6. | "The Narcissist" | 4:05 | |||||||
7. | "Goodbye Albert" | 4:17 | |||||||
8. | "Far Away Island" | 2:58 | |||||||
9. | "Avalon" | 3:05 | |||||||
10. | "The Heights" | 3:24 | |||||||
36:04 |
Temas extra do CD de luxo | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
11. | "The Rabbi" | 2:44 | |||||||
12. | "The Swan" | 3:42 |
Tema extra no Xapón[3] | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
13. | "Sticks and Stones" | 3:24 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.