From Wikipedia, the free encyclopedia
O territorio de Memel (Memelland en alemán) ou rexión de Klaipeda (Klaipėdos kraštas en lituano) foi un territorio definido, despois da primeira guerra mundial, no Tratado de Versalles (1920), e que foi posto baixo a administración do Consello de embaixadores. Segundo as cláusulas deste tratado, o territorio de Memel, o Territorio da Conca do Sarre e a Cidade Libre de Danzig permanecerían baixo o control da Liga de Nacións até o eventual momento en que as comunidades destes territorios votasen pola súa reintegración a Alemaña ou non.
O territorio orixinal, habitado por escalvianos e curonios, foi conquistado ao redor de 1252 polos cabaleiros teutónicos, que construíron Memelburg ("o castelo de Memel") e a cidade de Memel (hoxe Klaipeda).
En 1422, foi establecida unha fronteira entre Prusia e Lituania no Tratado de Melno, e esta fronteira existiu até 1918.
O territorio de Memel, daquela con predominio étnico alemán (outros grupos étnicos na rexión era: prusianos, lituanos e memelanders), situado entre o río e a poboación do mesmo nome, foi ocupado por Lituania durante a chamada «revolta de Klaipeda» de 1923.
Foi anexionado pola Alemaña nazi en marzo de 1939 e inmediatamente reintegrado na Prusia Oriental.
En 1946 foi anexionado pola Unión Soviética, sendo expulsada a súa poboación nativa alemá, e convertido en parte da RSS de Lituania en 1948.
Desde o colapso da Unión Soviética en 1991, o territorio forma parte da República de Lituania, integrado nas provincias de Klaipeda e Taurage.
A fronteira, que foi establecida no Tratado de Versalles ao longo do río, permanece na actualidade como a fronteira internacional entre Lituania e a óblast de Kaliningrado.
Cronoloxía do territorio cos cambios de control | |
antes de 1252 | Tribos dos escalvianos e curonios |
1252-1525 | Orde Livona e Estado Monástico dos Cabaleoros Teutónicos (tamén Estado Monástico de Prusia) |
1525-1657 | Ducado de Prusia, un feudo da Mancomunidade Polaco-lituana (en unión persoal con Prusia e o Electorado de Brandeburgo desde 1618) |
1657-1701 | Ducado de Prusia, un Estado soberano en unión persoal con Brandeburgo, un feudo do Sacro Imperio Romano Xermánico (chamado conxuntamente Brandeburgo-Prusia) |
1701-1871 | Reino de Prusia |
1871-1918 | Reino de Prusia, parte do Imperio alemán |
1918-1920 | Estado Libre de Prusia, parte da República de Weimar |
1920-1923 | Consello de Embaixadores (Liga de Nacións) |
1923-1939 | República de Lituania |
1939-1945 | Alemaña Nazi |
1945-1948 | RSSF de Rusia, parte da Unión Soviética |
1948-1991 | RSS de Lituania, parte da Unión Soviética |
1991-presente | República de Lituania |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.