Prusia Oriental
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Prusia Oriental (en alemán: Ostpreußen [ˈʔostʰˌpʰrɔɪ̯sn]; en lituano: Rytų Prūsija ou Rytprūsiai; en polaco: Prusy Wschodnie; en ruso: Восточная Пруссия, Vastochnaya Prusia) é unha rexión histórica situada na costa suroriental do mar Báltico.
Ostpreußen (de) | |||||
Himno | nationalhymne of east prussia (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado desaparecido | Reich alemán | ||||
Estado desaparecido | Reino de Prusia | ||||
Capital | Königsberg | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.488.122 (1939) (67,26 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 36.993,89 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1773 | ||||
Disolución | 1945 | ||||
Sucedido por | Territorio de Memel | ||||
Foi o primeiro territorio que levou o nome de Prusia, xa que antes da invasión alemán do século XII era a parte principal do país do pobo báltico dos prusianos. Tras seren en gran parte asimilados os antigos prusianos bálticos, o territorio foi moi xermanizado e transformouse no núcleo orixinal do célebre Estado militarista alemán chamado Reino de Prusia.
Colonizada por alemáns entre os séculos XI e XII, converteuse no centro do Estado da Orde Teutónica. A decadencia do poderío da Orde conduciu ao Tratado de Toruń de 1466, polo cal boa parte de Prusia pasaba ao dominio directo da Coroa polaca e o resto, que permanecía baixo o control da Orde, converteríase en vasalo do monarca polaco.
En 1525 o gran Mestre da Orde Teutónica, Alberte de Hohenzollern converteuse ao protestantismo, secularizou a Orde transformouse no primeiro Duque de Prusia, vasalo de Polonia.
A súa liña extinguiuse en 1618, pasando a propiedade dos seus Estados aos seus primos os Hohenzollern de Brandeburgo, formando o que no século XVIII sería o reino de Prusia, desvinculado xa de calquera relación feudal con Polonia.
Desde 1824 e até 1871 formou unha única provincia (Provincia de Prusia) ao fusionarse coa Prusia Occidental.
Estivo baixo o control do Imperio alemán, a República de Weimar e a Alemaña nazi entre 1871 e 1945.
Durante a ofensiva de Prusia Oriental (xaneiro-abril de 1945) as tropas do Exército vermello ocuparon boa parte da rexión, mentres que os alemáns resistiron en Königsberg e outros puntos illados até a rendición incondicional de Alemaña en maio de 1945.
Tras a derrota alemá na segunda guerra mundial, o territorio foi dividido en tres partes. Unha delas foi incorporada a Rusia, constituíndo a óblast de Kaliningrado, outra ao voivodato de Varmia e Masuria polaco e, finalmente, a rexión do Territorio de Memmel foi para Lituania.
A capital da antiga Prusia Oriental, Königsberg, pasou en 1946 a chamarse Kaliningrado. Dous millóns e medio de alemáns foron expulsados do fogar dos seus antepasados.
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.