satélite experimental indio From Wikipedia, the free encyclopedia
Technology Experiment Satellite ou TES foi un satélite artificial da India lanzado o 22 de outubro de 2001 a bordo dun foguete PSLV-G desde o Centro Espacial Satish Dhawan.[1][2][4][5]
Technology Experiment Satellite / TES | |
---|---|
Tipo | Experimental / Observación terrestre |
Organización | ISRO |
Data de lanzamento | 22 de outubro de 2001[1][2][3] |
Foguete portador | PSLV-G[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial Satish Dhawan[2][4][5] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico para observación terrestre.[2][4][5] |
NSSDC ID | 2001-049A |
Masa | 1108 kg[4][2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6850 km[1] |
Inclinación | 97,9°[1] |
Apoapse | 497,3 km[1] |
Periapse | 460,9 km[1] |
TES, cunha masa de 1108 kg, foi lanzado a unha órbita duns 550 km de altura para demostrar e validar varias tecnoloxías relacionadas tanto coa observación terrestre como co control dos satélites en órbita. Entre as tecnoloxías probadas estaban volantes de inercia de elevado torque, un novo sistema de control a reacción con propulsores optimizados e un único tanque de propelente, estrutura lixeira do satélite, unha grabadora de estado sólido, unha antena en banda X de aliñamento de fase, un sistema de posicionamento do satélite mellorado, sistemas de enerxía mellorados e unha cámara cunha óptica con dous espellos sobre o eixo, así como unha cámara pancromática para experimentos de detección remota.[1][2][4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.