Indian Space Research Organisation
From Wikipedia, the free encyclopedia
Indian Space Research Organisation (Organización India para a Investigación Espacial) ou ISRO é a axencia espacial da India.[1][2]
Historia
ISRO foi fundada o 15 de agosto de 1969, herdeira da INCOSPAR (Indian National Committee for Space Research), fundado á súa vez en 1962 por Vikram Sarabhai. En 1972 ISRO pasou a depender do Departamento do Espazo do goberno, fundado ese mesmo ano, que aglutina a outros centros tamén. A misión de ISRO é desenvolver e aplicar tecnoloxías relacionadas co espazo para as diferentes necesidades nacionais. Para iso a organización desenvolveu sistemas e satélites para comunicacións, emisións de televisión, servizos meteorolóxicos, navegación, busca de recursos e educación. Tamén desenvolveu unha serie de lanzadores, como o Polar Satellite Launch Vehicle e o Geosynchronous Satellite Launch Vehicle.[1][2]
ISRO tamén ten unha vertente educativa, con centros para educación e investigación repartidos polo país adicados á teledetección, a astronomía, a astrofísica e as ciencias atmosféricas. A organización posúe un programa de exploración lunar e planetaria. Ten as súas oficinas principais en Bengaluru e o seu centro de fabricación de vehículos de lanzamento no Centro Espacial Vikram Sarabhai en Thiruvananthapuram. Os lanzamentos fanse desde o Centro espacial de Sriharikota.[1][2]
Algúns satélites e sondas de ISRO son:[1][2]
- Chandrayaan 1
- Chandrayaan 3 (primeira sonda en acadar o polo sur lunar)
- Indian Remote Sensing Satellite
- Indian National Satellite System
- Indian Regional Navigation Satellite System
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.