matemático italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Niccolò Fontana “Tartaglia” ([nikkoˈlɔ fonˈtana tarˈtaʎʎa]), nado en Brescia en 1499 ou en 1500 e finado en Venecia o 13 de decembro de 1557 foi un matemático e enxeñeiro italiano. Publicou moitos libros, como as primeiras traducións ao italiano de Arquímedes e Euclides, e unha recompilación de Matemáticas. Tartaglia foi o primeiro en aplicar as matemáticas á investigación das traxectorias das balas de canón (balística) en Nova Scientia; a súa obra foi en parte validada e en parte desbancada polos estudos de Galileo sobre a caída dos corpos. Tamén publicou un tratado sobre o rescate de barcos afundidos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Niccolò Fontana c. 1499 Brescia (República de Venecia) |
Morte | 13 de decembro de 1557 (57/58 anos) Venecia (República de Venecia) |
Datos persoais | |
Outros nomes | Tartaglia |
País de nacionalidade | República de Venecia |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemáticas |
Lugar de traballo | Venecia Brescia |
Ocupación | matemático , enxeñeiro |
Alumnos | Giovanni Antonio Rusconi (pt) , Giambattista Benedetti e Ostilio Ricci (pt) |
Lingua | Lingua italiana |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Micheletto Fontana (en) |
Niccolò Fontana era fillo de Michele Fontana, xinete que viaxaba ás vilas veciñas para repartir correo. En 1506 Michele foi asasinado por uns ladróns e Niccolò, os seus dous irmáns e a súa nai quedaron empobrecidos. Niccolò experimentou outra traxedia cando en 1512 as tropas do rei Lois XII de Francia invadiron Brescia durante a guerra da liga de Cambrai. A milicia de Brescia defendeu a cidade durante sete días e cando os franceses finalmente entraron na cidade vingáronse masacrando os seus habitantes. Ao final da batalla morreran máis de 45 000 cidadáns. Durante a matanza, Niccolò e a súa familia buscaron refuxio na catedral, mais os franceses entraron e un soldado cortou a mandíbula e o padal de Niccolò, dándoo por morto. A súa nai coidouno ata que recuperou a saúde, mais o rapaz nunca recuperou totalmente a fala, provocando o alcume "Tartaglia" ("tatexo"). Despois deste feito nunca volveu afeitarse e deixou crecer a barba para ocultar as súas cicatrices.[1]
Cóntase que Tartaglia aprendeu a metade do alfabeto dun titor privado antes de que se lles acabasen os cartos e que tivo que aprender o resto só. Sexa como for, el foi esencialmente autodidacta; tanto el coma os seus contemporáneos que traballaban fóra das academias, eran os responsables de divulgar as obras clásicas nas linguas modernas entre a clase media educada.
A súa edición de Euclides en 1543, primeira tradución dos Elementos a unha lingua europea moderna, foi especialmente significativa. Durante dous séculos Euclides fora ensinado nas dúas traducións ao latín tomadas de fontes árabes. Estas edicións contiñan erros no Libro V, a teoría da proporción de Eudoxo de Cnidos, que a volvía inservible. A tradución de Tartaglia estaba baseada na tradución ao latín de Zamberti a partir dun texto grego intacto. Tamén escribiu o primeiro comentario moderno e útil sobre a teoría. Máis adiante a teoría foi unha ferramenta esencia para Galileo, como xa fora para Arquimedes.
Porén, a súa obra máis coñecida é o seu tratado General Trattato di numeri, et misure publicado en Venecia entre 1556 e 1560. Está considerado o mellor tratado sobre aritmética do século dezaseis.[2] Tartaglia non só fai unha discusión completa sobre as operacións aritméticas e as regras comerciais usadas polos matemáticos italianos no seu traballo, senón que fala da vida da xente, dos costumes dos comerciantes e dos esforzos feitos no seus século para mellorar a aritmética.
Tartaglia é especialmente coñecido na actualidade polos seus conflitos con Gerolamo Cardano. Cardano persuadiuno de que lle revelase a súa solución para a ecuación de terceiro grao, prometéndolle non publicala. Tartaglia contoulle en verso tres formas diferentes de atopar a solución.[3] Varios anos despois, Cardano viu a obra inédita de Scipione del Ferro, que chegara á mesma solución de Tartaglia de xeito independente. Como esta obra estaba datada antes da de Tartaglia, Cardano decidiu romper a súa promesa e incluíu a solución de Tartaglia na súa seguinte publicación. A pesar de que Cardano lle acreditou o descubrimento, Tartaglia molestouse e responde insultando publicamente a Cardano. Os historiadores das Matemáticas acreditan hoxe en día ambos os dous, referíndose á fórmula como "fórmula de Cardano-Tartaglia".
Tartaglia é coñecido tamén pola "fórmula Tartaglia" para o volume dun tetraedro (incluídos os tetraedros irregulares) que se pode escribir como o determinante das distancias medidas dúas a dúas entre as catro esquinas:
onde d ij é a distancia entre os vértices vertices i e j. É unha xeneralización da fórmula de Herón para a área do triángulo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.