grupo lingüístico e étnico de nativos americanos From Wikipedia, the free encyclopedia
Os síux[2] son un grupo lingüístico e étnico de nativos americanos asentados nos territorios do que agora son os Estados Unidos. O nome síux é unha forma abreviada de Nadouessioux, que foi tomada do francés canadense como Nadoüessioüak a partir dun exónimo anterior da tribo ojibwa: na·towe·ssiwak, "síux".
Síux | |
---|---|
Touro Sentado, un xefe e home sagrado lakota. | |
Poboación | |
Poboación total: 170 110[1] | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos | (DS, MN, NE, MT, ND, IA, WI, IL, WY) |
Canadá | (MB, SK) |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua síux (lakota, dakota), assiniboine, stoney e sinais dos indios das chairas |
Relixión | Cristianismo e igrexa nativo americana |
Grupos relacionados | Assiniboine, dakota, lakota e nakota |
Os síux eran un dos tres grupos de sete tribos que formaban a Gran Nación Síux e que se agrupaban a partir de tres variedades lingüísticas da lingua síux: dakota, lakota e nakota que, ás veces, aparecen indicadas polos grupos tribais como lakota, santee e yankton-yanktonai.
Os santee dakota (Isáŋyathi; "coitelo") residen no extremo leste das Dacotas, Minnesota e norte de Iowa. Os yankton e yanktonai Dakota (Iháŋktȟuŋwaŋ e Iháŋktȟuŋwaŋna, "Aldea ao final" e "Pequena vila ao final"), colectivamente tamén denominados polo endónimo Wičhíyena, residen preto do río Minnesota; considéranse os síux medios e, no pasado, foron erroneamente clasificados como Nakota. Os nakota reais son os assiniboine (de Montana) e stoney do oeste do Canadá. Os lakota, tamén chamados teton (Thítȟuŋwaŋ, posiblemente "Habitantes da pradeira"), son os síux máis occidentais, coñecidos pola súa cultura de caza e guerreiros.
Hoxe en día, os síux manteñen moitos gobernos tribais dispersos en numerosas reservas e comunidades de Dacota do Norte, Dacota do Sur, Nebrasca, Minnesota e Montana nos Estados Unidos; e Manitoba, o sur de Saskatchewan e Alberta no Canadá.
Os Santee (tamén coñecidos como Dakota) migraron ao norte e ao oeste desde o sur e o leste de Ohio até Minnesota. Os Santee vivían nos bosques cazando, pescando e con agricultura de subsistencia.
Os síux comprenden tres grupos lingüísticos estreitamente relacionados:
As primeiras investigación identificaron a división lingüística en tres pólas dentro da lingua síux (Lakota, Dakota e Nakota) como dialectos dunha soa lingua, sendo tamén chamados Lakota = Teton, Dakota = Santee-Sisseton e Nakota = Yankton-Yanktonai. Porén, estudos recentes[3] amosa que os Yankton-Yanktonai nunca empregaron o autónimo Nakhóta, senón que pronuncian o seu nome do mesmo modo que os Santee (Dakȟóta).
Estes estudos identifican o assiniboine e stoney como dúas linguas separadas, sendo o síux a terceira lingua. O síux ten tres dialectos semellantes: lakota, dakota occidental (Yankton-Yanktonai) e dakota oriental (Santee-Sisseton). Os falantes assiniboine e refírense a si mesmos como Nakhóta ou Nakhóda.
O termo Dakota ten sido polos antropoloxistas e membros do goberno para referirse a tódolos grupos síux, dando como resultado nomes como Teton Dakota, Santee Dakota etc. Isto debeuse principalmente á tradución terxiversada da palabra ottawa Síux.
Durante os anos 1960, mozos nativos americanos comezaron a axitarse para acadar mellores condicións sociais, facer respectar os seus dereitos civís, e conseguir programas de desenvolvemento económico e de educación. Entre as numerosas protestas, organizouse a ocupación da illa de Alcatraz, en California.
O incidente de Wounded Knee comezou o 27 de febreiro de 1973, cando a vila de Wounded Knee, Dacota do Sur foi tomado polos seguidores do American Indian Movement. O sitio escollido debeuse ó gran valor simbólico do lugar, xa que foi alí onde se produciu o Masacre de Wounded Knee en 1890. Os ocupantes controlaron a vila durante 71 días mentres eran sitiados por varias axencias da orde como o FBI e os Marshals. Dous membros do A.I.M. morreron por disparos durante o incidente.
A Delegación da liberdade Lakota, un grupo de activistas nativos americanos, declarou o 19 de decembro de 2007 que os lakota que se retiraban tódolos tratados asinados cos Estados Unidos para poder recuperar a soberanía da súa nación. Un dos activistas, Russell Means, declarou esta acción como legal aludindo á lei natural, internacional e estadounidense.[4] O grupo considera ós lakota como unha nación soberana, malia que o estado non ten recoñecemento diplomático. As fronteiras propostas reclaman miles de quilómetros cadrados de Dacota do Norte e do Sur, Wyoming, Nebrasca e Montana.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.