pobo indíxena das Grandes Chairas From Wikipedia, the free encyclopedia
Os lakota, tamén coñecidos como Teton, Titunwan ("habitantes da pradeira"),[7] Teton Sioux ("serpe, ou inimigo") son un pobo nativo de Norteamérica. Son parte dunha confederación de sete tribos síux relacionadas, a Očhéthi Šakówiŋ ou sete lumes do consello, e falan a lingua lakota, un dos tres grandes dialectos da lingua síux.
Pobo lakota | |
---|---|
Retratos de lakota. | |
Poboación | |
Poboación total: 115 000 (censo de 2015)[1][2][3][4][5] | |
Rexións principais: | |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua lakota e sinais dos indios das chairas |
Relixión | Relixión tribal tradicional, Danza do Sol, Igrexa nativa americana, Cristianismo |
Grupos relacionados | Outros membros do Oceti Sakohowin (Santee, Sisseton Wahpeton Oyate, Yankton, Yanktonai)[6] |
Os lakota son os máis occidentais dos tres grupos lingüísticos das linguas síux, ocupando terras en Dacota do Norte e Dacota do Sur. As sete bandas ou "sub-tribos" dos lakota son:
Membros notables dos lakota son Tȟatȟáŋka Íyotake (Touro Sentado) dos Húnkpapȟa; Maȟpíya Ičáȟtagya (Touch the Clouds) dos Miniconjou; Tȟašúŋke Witkó (Cabalo Tolo), Maȟpíya Lúta (Nube Vermella), Heȟáka Sápa (Black Elk), Siŋté Glešká (Spotted Tail), e Billy Mills dos Oglala.
Legalmente[9] e por tratado unha "nación" semiautónoma dentro dos Estados Unidos, os Lakota Sioux están representados localmente por funcionarios elixidos nos consellos para as diversas reservas e comunidades de Minnesota, Nebrasca e Dacota do Norte e do Sur. Están representados a nivel estatal e nacional polos funcionarios electos dos distritos políticos dos seus respectivos estados e distritos do Congreso.[10] Os membros de banda ou reserva que viven tanto dentro como fóra das reservas individuais son elixíbeis para votar nas eleccións periódicas para esa reserva. Cada reserva ten un estilo de goberno local único e un ciclo de elección baseado na súa propia constitución[11] ou nos artigos incorporados posteriormente. A maioría segue a un modelo típico de consello tribal cun xefe ou presidente elixido directamente polos votantes.
Os gobernos tribais teñen unha ampla marxe de manobra, como entidades políticas semiautónomas, para desviarse da lei estatal (por exemplo, nos xogos indios). En última instancia, están suxeitos á supervisión do Congreso dos Estados Unidos[9] e á regulación executiva a través da Oficina de Asuntos Indíxenas. A natureza e a lexitimidade desas relacións continúan sendo un tema de disputa.
Hai nove bandas de Dakota e Lakota en Manitoba e no sur de Saskatchewan, cun total de 6.000 membros rexistrados. Son recoñecidos como Primeiras Nacións pero non son considerados "indíxenas con tratado". Como Primeiras Nacións, teñen recoñecidos dereitos e reciben axudas a través do Indian and Northern Affairs Canada (en galego, Departamento de Asuntos Indíxenas e do Norte de Canadá). Con todo, como non son recoñecidos como indios tratados, non participaron no repartimento de terras nin nos ingresos por recursos naturais.[12] Os dakota rexeitaron un acordo de dereitos sobre terras por valor de 60 millóns de dólares en 2008.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.