From Wikipedia, the free encyclopedia
Heȟáka Sápa (Black Elk) (en galego Alce Negro), nado en decembro de 1863 e finado o 19 de agosto de 1950, foi un famoso Wičháša Wakȟáŋ (médico ou home santo) dos Oglala Lakota (Sioux). Foi un Heyoka e primo segundo de Cabalo Tolo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de decembro de 1863 Río Powder, Estados Unidos de América |
Morte | 19 de agosto de 1950 (86 anos) Reserva india de Pine Ridge, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Manderson-White Horse Creek |
Grupo étnico | Pobo lakota |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Campo de traballo | Rito |
Ocupación | curandeiro, Xefe tribal, Heyoka, curandeiro |
Enaltecemento | |
Con 12 anos participou na batalla de Little Bighorn de 1876, e foi ferido no Masacre de Wounded Knee en 1890. Black Elk casou coa súa primeira muller, Katie War Bonnett, en 1892. Ela converteuse ó catolicismo e os seus tres fillos foron bautizados. Despois da morte da súa esposa en 1903, Black Elk tamén foi bautizado, tomando o nome de Nicholas Black Elk, e continuando como líder espiritual da tribo, xa que el non vía contradición entre as tradicións tribais e o cristianismo.
En 1905 volveu casar, cunha viúva con dúas fillas de nome Anna Brings White, e coa que tivo tres fillos máis, permanecendo con ela ata que morreu en 1941.
Cara a fin da súa vida, Black Elk contou a historia da súa vida e un bo número de rituais sagrados Sioux a John Neihardt e a Joseph Epes Brown para que fose publicado. As súas narracións obtiveron un considerable interese por parte do público.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.