Billy Mills

Atleta e marine lakota, medallista de ouro From Wikipedia, the free encyclopedia

Billy Mills

William Mervin "Billy" Mills, tamén coñecido polo seu nome nativo en lakota Tamakoce Te'Hila, nado na reserva india de Pine Ridge o 30 de xuño de 1938, é un atleta nativo americano da tribo síux dos Oglagla Lakota. É o segundo nativo americano (despois de Jim Thorpe) en conseguir unha medalla de ouro nuns Xogos Olímpicos.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Billy Mills
Thumb
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1938 (86 anos)
Pine Ridge, Estados Unidos de América
Grupo étnicoPobo lakota
EducaciónUniversidade de Kansas
Altura180 cm
Peso68 kg
Actividade
Ocupaciónoficial, maratoniano, fondista
Carreira militar
Rama militarCorpo de Marines dos Estados Unidos
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Deporteatletismo
Disciplina deportivaMaratón
Participou en
1964Xogos Olímpicos de 1964
Premios

Pechar
Datos rápidos Cadro de medallas, Atletismo masculino ...
Cadro de medallas
Atletismo masculino
Xogos Olímpicos
Toquio 1964 10.000 m
Pechar

Traxectoria

Orfo á idade de 12 anos, practicaba o boxeo e as carreiras. Finalmente abandonou o boxeo e adicouse a correr. Estudou na Universidade de Kansas e a continuación ingresou no corpo dos Marines dos Estados Unidos, onde obtivo a cualificación para participar nos Xogos Olímpicos de Toquio en 1964.

O favorito dos 10.000 m era o australiano Ron Clarke que posuía o récord mundial. A dúas voltas do remate da carreira, tres corredores ían en cabeza: o tunesino Mohammed Gammoudi, o favorito Ron Clarke e Billy Mills. A 300 metros da meta o tunesino colle algúns metros de distancia pero é inmediatamente alcanzado polos seus perseguidores. Neste momento, Billy Mills lanza un ataque e acada a vitoria, quedando segundo Mohammed Gammoudi e terceiro o etíope Mamo Wolde. Ron Clarke non puido soportar o ataque e non logrou ningunha medalla. Mills rebaixou en case 50 segundos a súa propia marca e estableceu un novo récord Olímpico (28:24.4).

Máis tarde Mills estableceu os récords estadounidenses para os 10.000 m, nas 3 millas e en 1965 bateu o récord do mundo nas 6 millas. A vida de Billy Mills foi levada ao cine en 1984 no filme Running Brave, protagonizado por Robby Benson. Actualmente, Mills é o voceiro da asociación 'Running Strong' pola Xuventude India Americana que traballa en proxectos a prol dos indios americanos, en especial da xuventude.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.