Nakota
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo Nakota (ou Nakoda ou tamén Nakona) é o endónimo utilizado polos pobos orixinarios de América do Norte, que xeralmente reciben o nome de Assiniboine[1] (ou Hohe), nos Estados Unidos, e de Stoney, no Canadá .
Son tribos de fala dakota[2] que se separaron das ramas principais da nación síux en tempos pasados. Movéronse dende o territorio orixinal até os bosques da Minnesota actual e rexións cara ao norte e ao noroeste: Montana e Dacota do Norte dos actuais Estados Unidos e Manitoba, Saskatchewan e Alberta do Canadá actual. Máis tarde, por mor da competencia polos mesmos recursos convertéronse en inimigos dos seus antigos "aliados" da súa familia lingüística (en cada un dos dialectos síux -nakota, dakota e lakota- significan "amigo" ou "aliado").
Historicamente, os estudosos clasificaron as tribos pertencentes á nación síux (ou dakota nun sentido amplo) en tres grandes grupos lingüísticos:
Esta foi a clasificación tradicionalmente admitida que moi poucos académicos criticaron. Entre os escasos eruditos que a criticaron destaca a yankton Ela Cara Deloria (nada en 1888) que foi unha das primeiras en sinalar "a falacia de designar aos grupos yankton-yanktonai como nakota".[3]
Mais en 1978, Douglas R. Parks, A. Wesley Jones, David S. Rood e Raymond J. DeMallie dedicáronse á investigación lingüística sistemática nas reservas síux e assiniboine para establecer a dialectoloxía precisa da lingua síux. Aseguráronse de que tanto os santee como os yankton/yanktonai referíanse (e refírense) a eles mesmos polo autónimo "Dakota". O nome de nakota (ou nakoda ) era, e é, uso exclusivo dos assiniboine e dos seus familiares canadenses, os stoney.[4] A literatura académica posterior, con todo, especialmente se non é producida por especialistas lingüísticos, en moi rara ocasión recolle as investigacións de Parks e DeMallie.[5]
As súas conclusións foron plenamente confirmadas pola investigación de campo realizada, durante 23 anos, por Jan Ullrich que tivo como conclusión a compilación, en 2008, do seu dicionario Lakota.[3] Segundo Ullrich, o erro na denominación nome dos yankton-yanktonai,
"comezou cos misioneros de mediados do século XIX entre os santee, que aplicaron en exceso unha regra de distribución fonética. Debido a que o dialecto yankton-yanktonai usa o sufixo -na onde os santee usan -da e os lakota usan -la , os misioneros pensaron que a distribución "l" - "d" - "n" aplicábase a tódalas posicións dentro das palabras.[6] Polo tanto, crían que os yankton-yanktonai chamábanse a si mesmos nakota en lugar de dakota. Desafortunadamente, a suposición inexacta dunha división de Lakota-Dakota-Nakota perpetuouse en case todas as publicacións desde entón".[7]
Porén este erro tivo unha grande influencia sobre algúns nativos lakota e dakota e, mesmo, a xente moza dos yankton e yanktonai adoptaron o costume de empregar a denominación de "Nakota" coma un termo de autoafirmación para diferenciarse dos santee e dos teton.[8] O cambio non pode considerarse como unha regresión terminolóxica posterior causada polo feito de que a xente xankton-yanktonai vivía xunto cos santee nas mesmas reservas.[9]
Os textos máis antigos que documentan os dialectos síux están desprovistos de referencias históricas a nakota. Ullrich sinala en particular que o dicionario inglés-Dakota de John P. Williamson (1902) enumera a dakota como o nome propio do pobo dakota, pero non menciona nakota. Aínda así, Williamson traballara extensamente cos yankton e, a miúdo, incluía no seu dicionario as variantes dos yankton para as entradas propias dos santee.[3]
Os assiniboine separáronse moi cedo da agrupación yankton-yanktonai e a súa fala chamada tamén nakota, volveuse máis distintiva e inintelixíbel para os falantes de lakota e dakota.
Na actualidade, as diferentes tribos refírense a si mesmos, nas súas linguas maternas, como:
Recentemente, os assiniboine e, especialmente, os stoney comezaron a minimizar a ruptura e separación histórica dos dakota e reclamaron unha certa identidade coa tradición síux xa que non se pode falar de nación síux como tal pois, historicamente, as tribos Siouan estaban bastante descentralizadas e operaban en bandas independentes. A tendencia pódese ver nos sitios oficiais dos stoney de Alberta, por exemplo.[11] na autodenominación da Alexis Nakota Sioux First Nation[11] (en galego: Primeira nación Alexis Nakota Síux) ou na reivindicación de Nakoda First Nation (en galego: Primeira Nación Nakoda) da súa ascendencia síux e o valor da súa lingua materna: "Como descendentes das grandes nacións síux, os membros da tribo stoney de hoxe prefiren levar a cabo a súa conversación e asuntos tribalis na lingua materna siouan".[12] As tribos assiniboine e stoney de Saskatchewan tamén reivindican a súa identificación coa tradición sioux.[13]
As tribos assiniboine-stoney apoiaron os recentes intentos "pan-Sioux" de revivir as linguas nativas. Os seus representantes asisten aos cumes anuais "Lakota, Dakota, Nakota Language Summits"[14] que, dende 2008, son patrocinados por Tusweca Tiospaye[15] (Dragonfly Community), a organización sen fins de lucro lakota para a promoción e o fortalecimiento do idioma que promoven a campaña "Uniting the Seven Council Fires to Save the Language"[16] (en galego: "Unión do Consello dos Sete Lumes para salvar o idioma"). Os promotores lakota recoñecen unha orixe común cos pobos nakota: o Cumio da Lingua de 2008[14] supuxo un esforzo por unir os pobos síux lakota, dakota e nakota tanto dos Estados Unidos como do Canadá para revitaliza-las linguas lakota, dakota e nakota. No cumio de 2009, na lista de tribos que conforman o "Consello dos Sete Lumes" incluían a assiniboine e stoney no "Fire" dos yanktonai. Posteriormente, as dúas tribos nakota cambiáronse ao final da lista e a expresión "Also includes the Stoney and Assiniboine People" se mantivo.[17] A longa separación dos pobos deu lugar a que as súas linguas se desenvolvesen de xeito independente e cada vez máis diferenciadas até o punto de que xa non son mutuamente intelixíbeis. Os falantes de lakota ou dakota enténdese dificilmente cos assiniboine; e nin uns nin outros se entenden cos stoney.[3]