Sundarbans

mangleiros da India e Bangladesh From Wikipedia, the free encyclopedia

Sundarbansmap
Remove ads

Os Sundarbans (en bengalí: সুন্দর বন; "bosque fermoso")[1][2] son unha área de mangleiral no delta formado pola confluencia dos ríos Ganxes, Brahmaputra e Meghna no golfo de Bengala. Esténdese dende o río Hooghly no estado indio de Bengala Occidental até o río Baleswar en Bangladesh. Contén bosques de mangleirais, terras agrícolas, chairas de marea e está conectado por múltiples regatos e canles. Existen catro áreas dos Sundarbans que están clasificados como Patrimonio da Humanidade, o Parque Nacional dos Sundarbans e os santuarios da vida salvaxe dos Sundarbans do oeste, sur e leste.[3] O bosque de mangleiros dos Sundarbans abrangue unha área de 10 000 km². En Bengala Occidental, esténdense por 4 260 km² ó longo dos distritos South 24 Parganas e North 24 Parganas.[4] Os bosques na división Khulna de Bangladesh abranguen 6 017 km². As especies de árbores máis comúns son o sundri (Heritiera fomes) e o gewa (Excoecaria agallocha). Os bosques on o hábitat de 453 especies de animais, incluíndo 290 paxaros, 120 peixes, 42 mamíferos, 35 réptiles e oito especies de anfibios.[5]

Datos rápidos Tipo, Localización ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads