tratado de lóxica de William de Ockham From Wikipedia, the free encyclopedia
A Suma da lóxica (latín: Summa Logicae) é un manual de lóxica de Guillerme de Ockham, escrito arredor do 1323.[1]
Suma da lóxica | |
---|---|
Bosquexo do autor | |
Título orixinal | Summa logicae |
Autor/a | William de Ockham |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Latín |
Tema(s) | lóxica |
Data de pub. | c. 1323 |
Primeira edición galega | |
Tradución | Xosé Calviño Pueyo Xosé María Liñeira Reboredo |
Editorial | Xunta de Galicia |
Data de pub. | 1999 |
Páxinas | 235 pp. |
[ editar datos en Wikidata ] |
A obra aseméllase a outros tratados de lóxica medieval, polo que está organizado seguindo o esquema básico aristotélico, típico da escolástica:
A importancia deste texto reside na súa exposición do nominalismo ockhamiano, unha postura relativa ao problema dos universais, que dominou a filosofía medieval europea.[2][3]
Capítulos | Contidos |
---|---|
1-17 | Os termos: que son e como se dividen. O problema dos universais. |
18-25 | Os cinco predicables de Porfirio. |
26-62 | As categorías de Aristóteles (praedicamenta, segundo a tradución latina de Boecio). Definicións e descricións, suxeito e predicado, o todo e a parte. As dez categorías: substancia, cantidade, relación, calidade, acción, paixón, tempo, lugar, posición e hábito. |
63-77 | Teoría da suposición (suppositum). |
Capítulos | Contidos |
---|---|
1-20 | Sobre as proposicións categóricas. |
21-29 | Sobre a conversión entre proposicións. |
30-37 | Sobre as proposicións hipotéticas. |
Capítulos | Contidos |
---|---|
1-19 | Sobre os siloxismos categóricos. |
20-30 | Sobre os siloxismos modais. |
31-63 | Sobre os siloxismos mixtos. |
64-68 | Outros tipos de siloxismos |
Capítulos | Contidos |
---|---|
1-41 | Exposición sistemática da Analitika protera (Ἀναλυτικὰ Ὕστερα, "Analíticos posteriores") de Aristóteles. |
Capítulos | Contidos |
---|---|
1-37 | Exposición sistemática dos Topika (Τοπικά, "Tópicos") de Aristóetles. Definición e división das consecuencias. Distinción entre implicación material e lóxica, de xeito similar a Jean Buridan e Alberte de Saxonia. |
38-45 | Teoría das obligationes. |
46 | Paradoxo do mentireiro |
Capítulos | Contidos |
---|---|
1-18 | Exposición sistemática dos tipos de falacias |
O pensamento de Ockham tería unha importancia decisiva na historia da filosofía, como culminación do período medieval.[4] A súa proposta nominalista, desenvolvida no primeiro libro, foi a máis elaborada da época, e sería moi influente en séculos posteriores. Por outra banda, na súa argumentación en contra do realismo, aplicou implicitamente un principio metodolóxico segundo o cal non se deberían asumir máis entidades das necesarias para ofrecer unha explicación satisfactoria dos fenómenos. A día de hoxe, coñécese como navalla de Ockham no seu nome.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.