actor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Sterling Walter Hayden, nado como Sterling Relyea Walter[1][2] en Upper Montclair (Nova Jersey) 26 de marzo de 1916 e finado en Sausalito (California) o 23 de maio de 1986, foi un actor estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Sterling Relyea Walter 26 de marzo de 1916 Montclair, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 23 de maio de 1986 (70 anos) Sausalito, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | cancro de próstata |
Altura | 196 cm |
Actividade | |
Ocupación | oficial, actor de cinema, actor, militar, modelo, actor de televisión, autobiógrafo, actor de xénero, novelista, autor |
Período de actividade | 1941 - 1982 |
Empregador | Office of Strategic Services (pt) |
Partido político | Partido Comunista dos Estados Unidos da América (pt) (1946–1946) |
Xénero artístico | Western, cinema dramático, Cinema negro, cinema de aventuras, filme de acción, cinema bélico e cinema de comedia |
Carreira militar | |
Rama militar | Corpo de Marines dos Estados Unidos |
Conflito | segunda guerra mundial |
Familia | |
Cónxuxe | Madeleine Carroll (1942–1946) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Sterling Walter naceu en Nova Jersey, fillo de George e Frances Walter. Despois da morte do seu pai, foi adoptado aos nove anos por James Hayden, pasando a chamarse Sterling Walter Hayden. De neno viviu en New Hampshire, Massachusetts, Pensilvania, Washington, D.C. e Maine.[3] Neste último estado, estudou na escola Wassookeag de Dexter.
Hayden era un aventureiro e un home de acción, sen nada que envexar ás personaxes que despois interpretou no cinema. Aos dezaseis anos deixou os estudos para traballar nun barco[4] para ver mundo, converténdose en pescador nos grandes bancos de Terra Nova. Máis tarde, traballou como mariñeiro, dando a volta ao mundo varias veces.
Na década de 1940, Hayden converteuase en modelo e pouco despois asinou un contrato con Paramount Studios.[5] No seu primeiro filme coñeceu a Madeleine Carroll, da que se namorou e coa que casou. Porén, despois dun par de filmes, deixou Hollywood para servir como axente secreto baixo a dirección de William J. Donovan na OSS.[6][7][8] Hayden alistouse no Corpo de Marines co nome de "John Hamilton" (nunca o seu nome real). Os seus servizos na segunda guerra mundial incluíron o asesoramento técnico aos partisanos iugoslavos e como paracaidista en Croacia. Recibiu a Estrela de Prata e un recoñecemento pola Iugoslavia do mariscal Tito.[9]
A súa admiración polos comunistas converteuno en membro do Partido Comunista dos Estados Unidos por un breve período.[10] Segundo a súa biografía, na "caza de bruxas" colaborou co Comité sobre Actividades Antiamericanas, confesando os nomes dos seus vencellos dentro do partido.[11] A súa muller daquela, Betty Denoon, defendeu o seu marido argumentando que os nomes que citara xa estaban nas mans do Comité, que tiña unha copia da listaxe dos membros do Partido Comunista. En calquera caso, Hayden rexeitou a súa propia colaboración co maccarthismo[11] e, segundo algúns, sentiuse tan culpable que caeu no alcoholismo.
Nese momento, Hayden comezou a súa época dourada no cinema, sendo xa recoñecida a súa figura. Así, protagonizou filmes salientábeis como A xungla do asfalto, de John Huston, Johnny Guitar, de Nicholas Ray ou Atraco perfecto de Stanley Kubrick. Aquela década dourada dos anos 50 rematou co divorcio da súa esposa Betty Denoon. O veredicto do xuízo outorgou ao actor a custodia dos catro fillos da parella: Christian, Dana, Gretchen e Matthew.[12]
Nos anos sesenta casou con Catherine Devine McConnell, coa que compartiu a vida ata a súa morte e coa que tivo dous fillos, Andrew e David. Nese momento, Hayden retirouse do cine, vivindo no seu barco e escribindo a súa autobiografía, Wanderer, que se publicou en 1963. Na década de 1970 apareceu no papel do capitán McCluskey en O padriño e máis tarde continuou a súa carreira televisiva na cadea NBC, con The Tomorrow Show, con Tom Snyder. En 1976 participou na ambiciosa produción de Bernardo Bertolucci Novecento e en 1980 coincidiu con Jane Fonda na comedia de éxito 9 to 5.
Arredor de 1969, Hayden comprou un barco nos Países Baixos e viviu entre París, Connecticut e o seu apartamento de Sausalito, California. En 1976 publicou a súa novela Voyage: A Novel of 1896.
Faleceu de cancro de próstata en Sausalito en 1986, aos 70 anos.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.