A xungla do asfalto
filme de 1959 dirixido por John Huston From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A xungla do asfalto (en inglés The Asphalt Jungle) é un filme estadounidense de 1950 dirixido por John Huston e protagonizado por Sterling Hayden e Jean Hagen. Está considerado un clásico do cinema negro.
Remove ads
Foi emitido na TVG o 10 de abril de 1991.[3]
Remove ads
Argumento
Un ladrón de fama lendaria como planificador, Erwin "Doc" Riedenschneider (Sam Jaffe), deixa a prisión baixo liberdade condicional. Para o seu próximo roubo busca a complicidade nun avogado corrupto, Alonzo Emmerich (Louis Calhern), quen comprará en efectivo o total do roubo. O botín pode chegar ao millón de dólares. Doc reúne un grupo de criminais experimentados composto por un corretor de apostas, Cobby (Marc Lawrence) que fará de coordinador; Louis Ciavelli (Anthony Caruso), dinamiteiro de caixas fortes; Gus Minissi (James Whitmore), dono dun pequeno bar que fará de condutor; e Dix Handley (Sterling Hayden), granxeiro arruinado pola Gran Depresión, que actuará de escolta.
O plan consiste en roubar pola noite unha xoiaría. O grupo de delicuentes comeza o roubo planeado meticulosamente, mais finalmente a explosión provoca que varias alarmas de negocios próximos comecen a funcionar, atraendo a presenza da policía antes do esperado. Un garde de seguridade decide revisar todos os locais, e cando entra na xoiaría é golpeado por Dix. O garda, esvaecido, deixa caer a súa arma, que se dispara ferindo a Ciavelli. Os bandidos foxen levando con eles o botín e a Ciavelli.
Doc e Dix chegan co botín onde Emmerich, mais néganse a entregarllo porque xa sospeitaban que o avogado pensaba traizoalos, quedando con todo e fuxindo coa súa amante Angela Phinlay (Marilyn Monroe) a Europa.
Remove ads
Elenco
|
|
Remove ads
Principais premios e candidaturas
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads