Sonda interestelar

From Wikipedia, the free encyclopedia

Unha sonda interestelar é unha sonda espacial que pola súa traxectoria se dirixe fóra do Sistema Solar[1]. O primeiro estudo de deseño para crear unha sonda interestelar propiamente dita foi o Proxecto Dedalus que realizaron entre 1973 e 1978 científicos británicos da British Interplanetary Society dirixidos por Alan Bond[2]. As sondas interestelares actuais creáronse co propósito de explorar o noso propio Sistema Solar, mais despois de completar a súa misión pola súa traxectoria diríxense fóra del, a primeira foi a Pioneer 10 e calcúlase en 80.000 anos o que tardaría, se perdurase, en chegar á estrela máis próxima[3]. As distancias que ten que percorrer non se miden en quilómetros, senón en unidades astronómicas (UAs). A equivalencia aproximada é: 1 UA son 150 millóns de quilómetros.

Sondas interestelares que máis se afastaron da Terra

Máis información Distancia á Terra, Obxecto ...
Distancia á Terra Obxecto Lanzamento Velocidade En funcionamento?
126,811 UAVoyager 15 de setembro de 1977 (Cabo Cañaveral, Florida)17,026km/sSi
110,217 UAPioneer 103 de marzo de 1972 (Cabo Cañaveral, Florida)12,014 km/sNon
103,933 UAVoyager 220 de agosto de 1977 (Cabo Cañaveral, Florida)15,411 km/sSi
89,709 UAPioneer 116 de abril de 1973 (Cabo Cañaveral, Florida)11,343 km/sNon
28,659 UANew Horizons19 de xaneiro de 2006 (Cabo Cañaveral, Florida)14,914 km/sSi
Pechar

Galería

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.