Rea (lúa)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Rea (lúa)

Rea é o segundo satélite de Saturno pola súa masa, e o décimo cuarto máis afastado do planeta (uns 527.000 km); tarda uns 4,5 días terrestres en completar un xiro.

Máis información Descubrimento, Descuberto por ...
Rea
Thumb
Descubrimento
Descuberto por Giovanni Cassini
Data 23 de decembro de 1672
Características orbitais
Semieixe maior 527.108 km
Excentricidade 0,0012583
Período orbital 4,518 d
Inclinación 0,345 °
Satélite natural de Saturno
Características físicas
Diámetro principal 1.528,8 km
Masa 2,32×1021 kg
Densidade media 1,24 g/cm³
Gravidade superficial 0,27 m/s²
Período de rotación síncrono coa súa órbita
Inclinación axial 0,345 °
Albedo 0,65
Atmosfera non existente,
Pechar

A súa órbita é case circular e lixeiramente inclinada con respecto ao ecuador de Saturno.

É esférico e mide uns 1.529 km de diámetro, aproximadamente a metade que a Lúa, o que o converte no segundo maior satélite de Saturno. Crese que ten un núcleo rochoso que supón algo menos dunha terceira parte do diámetro, e manto e cortiza compostos por auga xeada e impurezas diversas.

Foi descuberto en 1672 polo astrónomo francés Jean-Dominique Cassini, que lle deu o nome da figura mitolóxica grega Rea, irmá e esposa de Cronos (Saturno no panteón romano). A lúa foi fotografada pola sonda estadounidense Voyager 1 en novembro de 1980, cando esta pasou polo sistema de Saturno.

Características físicas

Rea é unha lúa xeada cunha densidade de aproximadamente 1,24 kg/m3. Esta densidade indica que Rea teña probablemente un núcleo rochoso o cal contén un terzo da súa masa, co resto composto dunha combinación de auga-xeo.

As características físicas de Rea aseméllanse ás de Dione, con hemisferios diferentes, o cal suxire composicións e historias similares. A temperatura en Rea oscila entre 53 e 99 K (-220 °C e -174 °C).

A superficie de Rea está altamente craterizada e ten marcas lineais, brillantes e difusas; pénsase que estas liñas foron producidas por material exectado durante a formación de grandes cráteres, como Tirawa, de 375 km de diámetro (o cal é visible na parte superior da imaxe de Rea, arriba).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.