From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos solenoideos (Solenoidea) é unha superfamilia de moluscos bivalvos da orde dos veneroides, coñecidos popularmente como navallas e longueiróns.
Solenoideos Solenoidea Navallas / Longueiróns | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ensis ensis | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Familias | |||||||||||||
|
Son mariscos moi apreciados gastronomicamente en Asia e en Europa, e tamén se utilizan como carnada para a pesca de certas especies de peixes.
Os solenoideos ou navallas son bivalvos coa cuncha de forma alongada e simétrica. As valvas son lisas e articuladas entre elas en toda a súa lonxitude. Nun dos extremos da cuncha encóntrase a cabeza atrofiada e, no outro, o pé en forma de machada.
Para a maioría dos autores a superfamilia comprende dúas familias:[1][2]
Porén, o National Center for Biotechnology Information (NCBI) estadounidense considera tres:[3]
Para os máis dos autores, as especies da familia dos Cultellidae estarían integradas na familia dos Pharidae.[1]
Nas praias de Galicia están documentadas as seguintes especies:
Botándolle unha ollada á bibliografía dispoñíbel, parece que todos os solenoideos que se encontran en Galicia son coñecidos, indistinta e maioritariamente, polos nomes de longueirón e navalla.
Estes autores parecen decantarse por reservar o termo común navalla para o xénero Ensis (e especies similares doutros xéneros), e o de longueirón para Solen (e especies similares doutros xéneros); iso si, coa contradición de que Ensis siliqua é o longueirón propiamente dito
As navallas viven en praias de area grosa nas zonas infrealitoral e mediolitoral, onde están enterrados até os 40 ou 50 cm de profundidade. Son fáciles de encontrar na marea baixa pola presenza de pequenos orificios en forma de oito.
En Galicia o marisqueo pode realizarse ben mediante unha arte de tracción mecánica que se serve dun angazo denominado rastro da navalla, ben botando sal nos buratos que quedan ao descuberto coa marea baixa, facendo que a concentración de sal sexa demasiado elevada e que o animal saia do seu agocho para escapar a este medio hostil, ou ben metendo un ferro nos buratos.
Este último procedemento precisa certa destreza, pois, unha vez descuberto o burato, crávase de súpeto un peculiar pau denominado fisga ou gancha introducíndoo entre as valvas, de xeito que a navalla, ao sentir a presión e pechalas, se aferra a ela, podendo así o mariscador tirar da fisga e deixar o bivalvo ao descuberto.
Hoxe en día tamén é habitual a súa captura por mergullo a pulmón, método máis selectivo e que non dana o medio ambiente mariño.
As navallas cocíñanse amplamente en Asia e Europa, aínda que nesta última rexión o seu consumo fíxose bastante raro nos últimos anos debido a un cambio nas actitudes dos consumidores, excepto en España e singularmente en Galicia, onde cada vez son máis apreciadas.
Cocíñanse de forma moi directa, asadas á grella ou á prancha, a miúdo salteadas con aceite, allo, herbas aromáticas, e chiles ou con salsa de soia, dependendo do país. En Galicia adoitan facerse grellados ou abertos á prancha, adobados con aceite, allo e zume de limón.
Poden conxelarse, e a súa carne segue sendo firme despois de desconxelalas.
Segundo Cunqueiro, falando dos bivalvos,
«cando máis simplemente se guisan estas cusas, millor. Hai que salvar o seu natural por riba de todo».[11]
E que
«as ameixas, os croques, os longueiróns, fan moi bos arroces, que non deben levare máis que o aceite no que se dora a cebola e abre o arroz, e a ameixa, ou o croque, ou o longueirón. Nada de pemento, aínda que lle vai ben que amarelée o arroz o azafrán».[11]
As navallas tamén se empregan como carnada para a pesca de, entre outros peixes, a dourada (Sparis aurata) e outros espáridos ou a robaliza.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.