especie de molusco From Wikipedia, the free encyclopedia
O longueirón,[3] (Ensis siliqua) é unha especie de molusco bivalvo da orde dos veneroides e familia dos fáridos.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Longueirón | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Ensis siliqua (Linnaeus, 1758) [1] | |||||||||||||||||
Sinonimia[2] | |||||||||||||||||
|
A especie foi definida en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae co nome de Solen siliqua.[4] Posteriormente reclasificouse no xénero Ensis.
É comestíbel e moi apreciado gastronomicamente.
Ten unha cuncha alongada, rectangular, de até 22 cm de lonxitude, coas valvas simétricas, de cor branca azulada, co perióstraco de cor parda nas marxes.[5]
Vive en praias de areas un pouco lamacentas da zona infralitoral.[5]
É unha especie moi común nos océano Atlántico nororiental, desde Noruega até o noroeste de África (Marrocos), pasando polo mar do Norte, o canal da Mancha, golfo de Biscaia, Cantábrico e as costas da atlánticas da Península Ibérica (entre elas as galegas), e no Mediterráneo.[1]
Tamén habita nas costas das illas da Macaronesia.[6]
Os sexos están separados, e é unha especie ovípara.
Aliméntase de fitoplancton e de partículas de materia orgánica en suspensión.
Vive en buratos que escava nos fondos mariños que chegan até os 50 cm de profundidade.
Segundo Rolán e Otero-Schmitt, encóntrase en toda a costa galega, sendo moi abundante.
Estes autores danlle os nomes populares de carallote, carallete, navalla, longueirón e caramelo.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.