misión do programa espacial Soiuz From Wikipedia, the free encyclopedia
Soiuz T-15 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 13 de marzo de 1986 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz T-15 | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 13 de marzo de 1986, 12:33 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U2[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 125,0 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coas estacións espaciais Saliut 7 e Mir.[2][6] |
Regreso | 16 de xullo de 1986, 12:34 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1986-022A |
Masa | 7000,0 kg[2][5][6] |
Soiuz T-15, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Leonid Kizim e Vladimir Soloviov a bordo, foi unha misión lanzada para ser a primeira en acoplarse coa estación espacial Mir e viaxar logo á estación Saliut 7, converténdose na primeira nave espacial en viaxar entre dúas estacións espaciais.[2][3][4][5]
A bordo da Mir a tripulación adicouse a facer diversos experimentos científicos e tecnolóxicos. O 17 de abril a estación manobrou para asemellar a súa órbita á da Saliut 7, cunha separación de 4000 km. O 5 de maio, tras seis semanas a bordo da Mir, Kizim e Solovyov partiron na Soiuz T-15 cara a Saliut 7 nunha misión para reparala e poñela en marcha. Os cosmonautas acopláronse manualmente coa Saliut 7 e atopárona xeada e sen enerxía eléctrica. Tras un duro traballo conseguiron recuperar enerxía e restaurar o sistema de mantemento de vida, así como recuperar experimentos deixados a bordo pola tripulación anterior. A Soiuz T-15 deixou a estación o 25 de xuño tras 51 días acoplada á Saliut 7, regresando á Mir ao día seguinte, levando consigo 400 kg de material científico.[2][3][4][5]
Os cosmonautas regresaron a terra o 16 de xullo de 1986 ás 12:34 GMT, a uns 55 km ao nordeste de Arkalyk (Casaquistán).[2][3][4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.