filme de 1999 dirixido por Tim Burton From Wikipedia, the free encyclopedia
Sleepy Hollow é un filme dirixido por Tim Burton que se estreou en 1999. Baséase na novela de Washington Irving, A lenda de Sleepy Hollow. A música do filme foi composta por Danny Elfman e foi rodada nos estudios Leavesden Film Studios. Foi un éxito en portelo e tivo unha boa acollida pola crítica, con mención especial á musicalización gótica de Elfman e á fotografía obra de Emmanuel Lubezki. Gañou un Oscar por Mellor Dirección de Arte, así como dous BAFTAs por Mellor Deseño de Vestiario e Mellor Deseño de Produción.
Sleepy Hollow | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Sleepy Hollow |
Director | Tim Burton |
Produtor | Scott Rudin Adam Schroeder Francis Ford Coppola |
Guión | Washington Irving (historia orixinal) Kevin Yagher Andrew Kevin Walker (adaptación) |
Baseado en | A lenda de Sleepy Hollow de Washington Irving |
Intérpretes | Johnny Depp Christina Ricci Michael Gambon Miranda Richardson Christopher Walken Casper Van Dien Christopher Lee Jeffrey Jones Lisa Marie Ian McDiarmid Michael Gough Richard Griffiths Helena Bonham Carter Marc Pickering |
Música | Danny Elfman |
Fotografía | Emmanuel Lubezki |
Montaxe | Chris Lebenzon Joel Negron |
Estudio | Leavesden Film Studios |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 1999 |
Duración | 115 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Fantástico, terror |
Orzamento | $100.000.000[1] |
Recadación | $206.071.502 |
Na rede | |
Estados Unidos, ano 1799. O axente Ichabod Crane (Johnny Depp), un policía de Nova York, é enviado polos seus superiores á pequena e remota vila de Sleepy Hollow para pescudar que hai de verdade na lenda dun xinete sen cabeza que arrepía ós habitantes do lugar.
Este medo vén provocado por unha serie de brutais asasinatos nos que as vítimas son atopadas decapitadas. Crane confía nas súas avanzadas técnicas de investigación para resolve-los crimes, tales como a análise de pegadas dactilares e autopsias. Crane chega a Sleepy Hollow provisto da súa bolsa de ferramentas científicas pero soamente é informado polos anciáns da vila de que o asasino non é de carne e óso, senón máis ben un guerreiro de ultratumba sen cabeza que cabalga pola noite nun enorme cabalo negro.
Comeza a súa propia investigación permanecendo escéptico sobre as historias sobrenaturais que lle contan, ata que el mesmo se atopa co xinete sen cabeza. Aluga un cuarto na casa da familia máis rica da vila, os Van Tassels, e medra unha atracción cara a súa filla, a misteriosa Katrina, ó mesmo tempo que é acosado por pesadelos da terrible tortura da súa nai cando era un cativo.
Profundando no misterio coa axuda do orfo Masbath, cuxo pai fora vítima do xinete, Crane descobre o punto de entrada do xinete ó mundo real, a retorta Árbore dos Mortos.
Crane atopa que o cranio non está presente na tumba e os asasinatos continúan ata que descobre que os feitos xiran arredor dunha trama por dereitos de terra e de vinganza. O xinete é controlado pola madrasta de Katrina, Lady Van Tassel, quen envía o asasino tras Katrina. Despois dunha liorta no muíño de vento local e unha persecución pola fraga, Crane finalmente detén á señora Van Tassel mediante a devolución do cranio ó xinete, quen recupera a súa cabeza e volve ó inferno. O seu labor en Sleepy Hollow remata e xunto con Katrina e Masbath, retorna a Nova York, a tempo para o novo século.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.