Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sitta castanea é unha especie de ave paseriforme da familia Sittidae endémica da India.
Sitta castanea | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Sitta castanea Lesson, 1830 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Sitta castaneoventris Franklin, 1831 |
Esta especie foi separada por Rasmussen e Anderton (2005) de Sitta cinnamoventris, xa que antes formaban parte do mesmo taxon.[2] Este gabeador indio (incluíndo os prateri dos Ghats occidentais) encóntrase ao sur do río Ganges. É o único gabeador de dorso gris e ventre avermellado da India. Igual que en S. cinnamoventris: ten un peteiro máis pequeno e unha cabeza máis clara que o manto. Os padróns das ás e a cola carecen de contraste e ten manchas grises castañas na zona subcaudal nas coberteiras. Reside na chaira de Terai e Ganges e esténdese polo interior da India central, os Ghats orientais, o Sundarbans e hai unha poboación disxunta nos Ghats occidentais. A época de cría é de febreiro a xullo. A vocalización é diferente da de S. cinnamoventris.
O seu hábitat natural son os bosques secos subtropicais ou tropicais, bosques de terras baixas húmidas subtropicais ou tropicais, e bosques nubrados húmidos subtropicais ou tropicais.
Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional[3] e Alan P. Peterson,[4] existen dúas subespecies:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.