From Wikipedia, the free encyclopedia
Sidonie é un grupo musical español de rock psicodélico que xurdiu en Barcelona a finais dos anos noventa.
Sidonie | |
---|---|
Orixe | Barcelona, Cataluña |
Xénero(s) | rock psicodélico |
Membros | Marc Ros Jesús Senra Axel Pi |
Na rede | |
http://www.sidonie.net/ | |
Déronse a coñecer grazas a un concurso de novos talentos do pobo de L'Hospitalet, onde unha vez gañado, asinaron un contrato cunha pequena discográfica independente catalá chamada Bip Bip Records. Durante a estancia nesta compañía discográfica asinaron varios traballos como as maquetas: Dragonfly e Roja, pero, a que os catapultou á fama foi a homónima Sidonie, de onde se sacaron varias cancións que serviron como sintonía publicitaria. Sidonie Goes To Moog, utilizouse nos anuncios da cadea FNAC e Feelin' Down'01 para un anuncio do Estado. Este último foi polémico xa que o grupo Sidonie, enviou un comunicado explicando que eles non estaban de acordo coa mensaxe do Goberno nese anuncio e que ninguén lles dixo que a súa canción ía ser publicada con tales fins.
Obtiveron un grande éxito co disco debut Sidonie e foron contratados por Sony Music. Con esta compañía publicaron os seus seguintes discos: Shell Kids (un disco que seguía os pasos do do seu debut pero que non tivo tanta aceptación), La estación de la libélula (un disco de sinxelos e caras b), Fascinado (primeiro traballo con todas as cancións compostas en castelán), Costa azul, El incendio, El fluído García, Sierra y Canadá e El peor grupo del mundo.
Separadamente tamén fixeron colaboracións con outros grupos como, por exemplo, o grupo madrileño Pereza ou os cataláns Sopa de Cabra e Love of Lesbian. En 2005 colaboraron nun disco de panxoliñas con Marc Parrot. En 2018 publicaron Lo más maravilloso, un disco de recompilacións para celebrar o 20 aniversario do grupo. Incluíu unha versión do tema "Fascinados" no que colaboraron 29 artistas, entre eles Joan Manuel Serrat, Loquillo, Albert Pla, Carlos Sadness, Anni B Sweet ou os galegos Iván Ferreiro, Xoel López, Abraham Boba e Carlangas (Novedades Carminha).[1]
En todos os seus traballos nótase unha clara influencia de: George Harrison, Bowie, Pink Floyd (en especial mención a Syd Barrett). Cantan maioritariamente en español, aínda que, os seus primeiros traballos estaban compostos fundamentalmente en inglés.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.