A Primeira Categoría Serie A é o campionato nacional de fútbol profesional en Ecuador, organizado anualmente pola Federación Ecuatoriana de Fútbol dende 1957. O torneo consta de 12 equipos, que xogan dúas fases. A primeira fase dispútase no primeiro semestre do ano, e consta de 22 xornadas, é dicir, 2 voltas. A segunda fase dispútase no segundo semestre do ano, e consta doutras 22 xornadas. Ó remate das dúas fases, dispútase unha final entre os gañadores das dúas fases, para determinar cal é o campión do torneo. O actual campión é o Deportivo Quito, que acadou en 2011 o seu 5º título; mentres que os clubs máis laureados na historia da competición son o Barcelona SC e o CD El Nacional con 13 títulos, seguidos do CS Emelec e do LDU Quito con 10 títulos.
Nome na lingua orixinal | (es) Serie A de Ecuador |
---|---|
Tipo | liga deportiva |
Deporte | fútbol |
Organizador | Federación Ecuatoriana de Fútbol (pt) |
Liga inferior | Ecuadorian Serie A (en) |
Número de participantes | 12 |
Localización e Datas | |
País | Ecuador |
Vixencia | 1957 – |
Calendario da tempada | febreiro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | ligapro.ec |
Os equipos ecuatorianos non tiveron moito éxito ó longo da historia da Copa Libertadores, a máxima competición continental en Suramérica. O Barcelona SC xogou dúas finais, nos anos 1990 e 1998, caendo en ámbalas dúas finais, fronte ó Club Olimpia e ó CR Vasco da Gama. Posteriormente, en 2008 o LDU Quito disputou a final fronte ó Fluminense FC, acadando nesa ocasión por vez primeira un equipo ecuatoriano o éxito continental.
Equipos 2012
Equipo | Cidade | Primeira participación |
Tempadas totais |
Último retorno |
Tempadas consecutivas |
Campionatos gañados |
---|---|---|---|---|---|---|
Barcelona SC | Guayaquil | 1957 | 53 | - | 48 | 13 |
CD Olmedo | Riobamba | 1971 | 19 | 2004 | 9 | 1 |
CD Cuenca | Cuenca | 1971 | 35 | 2002 | 11 | 1 |
CD El Nacional | Quito | 1964 | 49 | 1980 | 49 | 13 |
Independiente José Terán | Sangolquí | 2010 | 3 | 2010 | 3 | 0 |
CSD Macará | Ambato | 1960 | 29 | 2012 | 1 | 0 |
CS Emelec | Guayaquil | 1957 | 53 | 1981 | 48 | 10 |
Técnico Universitario | Ambato | 1978 | 24 | 2012 | 1 | 0 |
Liga de Loja | Loja | 2005 | 3 | 2011 | 2 | 0 |
Liga de Quito | Quito | 1960 | 51 | 2002 | 11 | 10 |
Manta FC | Manta | 2003 | 5 | 2009 | 4 | 0 |
Deportivo Quito | Quito | 1957 | 49 | 1980 | 35 | 5 |
- En 1964 o Barcelona non disputou o Campionato Nacional.
- O Deportivo Quito retornou a mediados de 1980 á Primeira División.
- O El Nacional retornou a mediados de 1980 á Primeira División.
- O Emelec retornou a mediados de 1981 á Primeira División.
Campións
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina focicial da Federación Ecuatoriana de Fútbol (en castelán)
- Páxina web Fútbol.ec (en castelán)
- Páxina web Ecuagol.com (en castelán)
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.