From Wikipedia, the free encyclopedia
O Barcelona Sporting Club é unha entidade polideportiva ecuatoriana da cidade de Guayaquil, fundada o 1 de maio de 1925, máis coñecida pola sección de fútbol, a máis laureada do país con 14 títulos da Liga ecuatoriana. Nos anos 1990 e 1998 disputou a final da Copa Libertadores, caendo en ámbalas dúas, fronte ó Club Olimpia e ó CR Vasco da Gama.
Barcelona de Guayaquil | |||
---|---|---|---|
Nome | Barcelona Sporting Club | ||
Alcume(s) | Los Toreros, Los Canarios, Ídolo del Astillero | ||
Fundación | 1 de maio de 1925 | ||
Estadio | Monumental Isidro Romero Guayaquil, Ecuador | ||
Inauguración | 29 de maio de 1988 | ||
Capacidade | 90 283 | ||
Propietario | Barcelona Sporting Club | ||
Presidente | Antonio Novoa | ||
Adestrador | Guillermo Almada Alves[1] | ||
Liga | Serie A de Ecuador | ||
2011 | 5º | ||
Vestimenta | Marathon Sports | ||
Patrocinador | Pilsener | ||
Na rede | |||
http://www.barcelonasc.com.ec/ | |||
| |||
Outras seccións do club adícanse ó baloncesto (1 título nacional), béisbol (14 títulos nacionais), voleibol, birlos (1 título nacional), water polo, natación, fútbol sala, boxeo, tenis e remo.
O club mantén unha forte rivalidade co outro gran club da cidade, o Club Sport Emelec, co cal disputa cada ano o Clásico do Estaleiro, un dos derbis mais tradicionais do país. Segundo varias enquisas, o Barcelona SC é o club que ten un maior número de seguidores en Ecuador, por diante doutros equipos como o propio CS Emelec, o LDU Quito, o CD El Nacional ou o Deportivo Quito.
O equipo de fútbol disputa os seus encontros como local no Estadio Monumental Isidro Romero Carbo, chamado dende 2008 Estadio Banco Pichincha por razóns de patrocinio. Trátase do estadio mais grande do país e un dos mais grandes de Suramérica, cunha capacidade superior a 90 000 persoas, pero que por regulamento da FIFA está limitado a 60 000. O estadio, inaugurado o 29 de maio de 1988, é propiedade do propio Barcelona Sporting Club.
No momento da creación do club, este foi bautizado co nome Barcelona como recoñecemento ó apoio recibido en Guayaquil pola comunidade española de Cataluña, terra onde naceron varios dos socios fundadores do equipo. Concretamente o fundador do club, Eutimio Pérez Arumí, era nativo de Vilassar de Mar.
Os seguintes xogadores compoñían o equipo na tempada 2012:[2]
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.