From Wikipedia, the free encyclopedia
Serapis (en grego: Σέραπις ou Σάραπις, transl. Sérapis ou Sárapis; en latín: Serapis) foi unha deidade sincrética helenístico-exipcia da Antigüidade clásica. O seu templo máis famoso estaba situado en Alexandría, Exipto.[1] O seu símbolo era unha cruz.[2]
Biografía | |
---|---|
Familia | |
Cónxuxe | Isis |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia Metropolitan Museum of Art Tagging Vocabulary (en) >>>:Serapis The Nuttall Encyclopædia >>>:Serapis |
Baixo Tolomeo I Sóter fixéronse varios esforzos para integrar a relixión exipcia coa dos seus gobernantes helenos. A política de Tolomeo consistía en atopar unha divindade que ordenase a reverencia dos dous grupos étnicos do país, a pesar das maldicións xuradas polos sacerdotes exipcios contra os deuses dos antigos gobernantes estranxeiros (como o deus Seth, loado polos hicsos). Alexandre Magno tentara utilizar a Amón para este propósito, pero este deus era máis adorado no Alto Exipto que no Baixo Exipto, onde había unha maior influencia grega.
Os gregos tiñan pouco respecto polas figuras con cabeza de animais, polo que unha estatua antropomórfica, ao estilo grego, foi elixida como ídolo e oficialmente proclamada como equivalente ao popular deus exipcio Apis.[3] Inicialmente chamábase, en exipcio, Aser-hapi (é dicir, Osiris - Apis), que se converteu en Serapis; considerábase que era o deus Osiris na súa totalidade, e non só o seu Ka (forza vital).
Crese que o culto a Serapis foi introducido en Alexandría ao redor do século IV a. C. co propósito de reunir no sincretismo as tradicións relixiosas exipcias e helénicas.
No lado exipcio, o deus identificouse con Osiris, o marido de Isis; no lado grego, achegouse ao Hades e aos seus misterios. En ambas as tradicións, estes deuses presidían a vexetación e gobernaban o inframundo.
No reinado do emperador Teodosio I, en 391, o Serapeo, en Alexandría, foi atacado e destruído por orde do bispo Teófilo.
Durante un certo tempo, Serapis gañou a condición de deus masculino universal ("o único Zeus Serapis"), e o seu culto, xeralmente asociado ao de Isis, estendeuse por todo o mundo grecorromano, incluída a Península Ibérica. Un exemplo do seu culto pódese atopar no santuario galaicorromano das Fragas de Panóias, en Tras-os-Montes, Portugal.
Serapis está representado coa aparencia dun home de idade madura e rostro serio, con barba e cabelo longo. O seu atributo é a ménsula sagrada dos misterios, símbolo da abundancia, xunto coa serpe de Asclepio, xa que tamén era un deus curativo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.