From Wikipedia, the free encyclopedia
O Savonlinnan Pallokerho ou SaPKo é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Savonlinna (Finlandia). O club foi fundado en 1929 e dende a tempada 2006-07 ata a 2021-22 competiu na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a Mestis, ata que se declarou en bancarrota logo de finalizar a tempada. Xogaba os seus partidos como local no Talvisalon Gigantti-areena, un pavillón con capacidade para 2 833 espectadores.
Savonlinnan Pallokerho | |
---|---|
Fundación | 1929 |
Cidade | Savonlinna, Savonia do Sur Finlandia |
Estadio | Talvisalon Gigantti-areena (2.833 espectadores) |
Campionatos | 1 (Mestis 2017) |
Adestrador | Saku Martikainen |
Cores | Azul, branco e vermello |
En 1929 fundouse o club deportivo Savonlinnan Pallokerho. Inicialmente estaba formado por dúas seccións: fútbol e bandy, mais dende os anos '60 o hóckey sobre xeo converteuse no principal deporte.
Nos anos sesenta, o SaPKo xogou durante catro tempadas na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a SM-sarja, mais en 1971 descendeu á Suomi-sarja. En 1974 creouse a nova Primeira División e o SaPKo foi un dos equipos que participou na tempada inaugural. O SaPKo asentouse como equipo da I-divisioona excepto por algunha visita pola Segunda División. En 1968 o equipo conseguiu chegar ata a final da Suomen Cup, mais caeu fronte ao Koo-Vee por 10-2.
O seguinte grande éxito do club chegou na tempada 1994-95, cando realizou unha gran tempada regular con equipos como o capitán da selección canadense Brian Tutt e conseguiu disputar a promoción de ascenso á máxima categoría, a SM-liiga. Xogou o play-off de ascenso fronte ao Ilves de Tampere, mais non puido acadar o ascenso. Logo deste éxito comezou unha caída que culminou co descenso á Suomi-sarja. A finais da tempada 2005-06, o SaPKo conseguiu finalmente a promoción á segunda categoría, a Mestis.
Durante anos o club loitou coas dificultades financeiras, que durante a tempada 2021-22 tentáronse solventar con medidas como a venda de bufandas a 50 euros ou cunha subvención de 50 000 euros da propia cidade de Savonlinna, que por motivos xudiciais nunca chegou ao club. O 21 de xuño de 2022, logo da xunta xeral da entidade, revelouse que esta tiña unha débeda total algo inferior aos 230 000 euros e tomouse a decisión de declarar o equipo en bancarrota.[1] Finalmente, o 22 de xuño a directiva de Savonlinnan Pallokerho Oy fixo oficial que o equipo se declaraba en bancarrota ao considerar que as súas operacións non eran viables a causa dos recursos financeiros insuficientes.[2] Tamén se sinalou que probablemente o equipo representativo comezaría nos niveis inferiores nalgún momento.[1]
Nº | Xogador |
---|---|
2 | Paavo Tirkkonen |
3 | Jyrki Turunen |
5 | Ahti Ruohoaho |
10 | Raimo Turkulainen |
22 | Pekka Tirkkonen |
35 | Jarmo Myllys |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.