O nome de san Xoán pode referirse ao mes de xuño e a:
- O apóstolo Xoán, xeralmente identificado con Xoán Evanxelista, a quen se lle atribúe o Evanxeo de Xoán, as epístolas de Xoán e a Apocalipse.
- Xoán Bautista, curmán de Xesús.
- Xoán Crisóstomo (347-407), arcebispo de Costantinopla.
- Xoán Casiano (c. 360-433).
- Xoán I, papa (ca. 470-526).
- Xoán Clímaco (ca. 579-649), monxe e escritor grego.
- Xoán Damasceno (ca. 676-749), padre da Igrexa.
- Xoán Gualberto (ca. 995-1073) abade italiano.
- Xoán de Mata (1160-1213), teólogo provenzal, fundador da Orde da Santísima Trinidad (Trinitarios).
- Xoán Nepomuceno (Jan Nepomucký, ca. 1330 ó 1340 - 1393), sacerdote bohemio, confesor da raíña Xoana.
- Xoán Capistrano (1382-1456), gobernador de Perugia, sacerdote franciscano e inquisidor italiano.
- Xoán de Cancio, Xoán de Kenty ou Xoán de Kety (1397-1473), sacerdote e teólogo polaco.
- Xoán de Sahagún (1430-1479), sacerdote e predicador leonés.
- Xoán Fisher (1469-1535), cardeal humanista inglés.
- Xoán de Deus (João Ciudad, 1495-1550), soldado portugués. Logo de oír a predicación de San Xoán de Ávila, converteuse, ordenouse sacerdote e fundou a orde dos Irmáns Trinitarios de San Xoán de Deus.
- Xoán de Ávila (1500-1569), sacerdote e teólogo castelán. Predicou diante de quen máis tarde sería chamado San Xoán de Deus, e foi mestre de San Xoán da Cruz.
- Xoán Diego Cuauhtlatoatzin ou Xoán Diego, primeiro santo indíxena de América Latina (9 de decembro de 1474 - 30 de maio de 1548) quen, segundo a tradición católica en México, presenciou a aparición da Virxe de Guadalupe en 1531. Foi canonizado en 2002 por el papa Xoán Paulo II.
- Xoán de Ribera (1532-1611), arcebispo de Valencia e patriarca de Antioquía.
- Juan de Yepes Álvarez, chamado Xoán da Cruz, 1542-1591) escritor e relixioso español.
- Xoán Sarkander, sacerdote moravo.
- Xoán Francisco Regis (1579-1640), misioneiro xesuíta francés.
- Xoán Ogilvie (1580-1615), xesuíta escocés.
- Xoán de Brébeuf (1579-1640), misioneiro xesuíta francés.
- Xoán Berchmans (1599-1621), novizo xesuíta flamengo.
- Xoán Eudes (1601-1680), misioneiro francés.
- Xoán de Lalande (1615-1646), misioneiro xesuíta francés.
- Xoán Bautista de La Salle (San Xoán Bautista de la Salle, 1651-1719) relixioso e pedagogo francés.
- Xoán María Vianney (1786-1859), párroco francés.
- Xoán Neumann (1811-1860), bispo de Filadelfia, Estados Unidos.
- Xoán Bosco (Giovanni Melchior Bosco, 1815-1888), sacerdote italiano.
Por influencia do cristianismo existen diversos topónimos San Xoán:
- En Galicia
- San Xoán de Laíño, parroquia do concello de Dodro;
- San Xoán de Pena, parroquia do concello de Lugo;
- San Xoán de Moeche, parroquia do concello de Moeche;
- San Xoán de Moreiras, parroquia do concello do Pereiro de Aguiar;
- San Xoán de Lóuzara, parroquia do concello de Samos;
- San Xoán de Río, parroquia do concello de San Xoán de Río;
- San Xoán, lugar da parroquia de Arbo no concello de Arbo;
- San Xoán, lugar da parroquia da Riba no concello da Baña;
- San Xoán, lugar da parroquia de Segovia no concello do Corgo;
- San Xoán, lugar da parroquia de Vilanova no concello de Miño;
- San Xoán, lugar da parroquia de Panxón no concello de Nigrán;
- San Xoán, lugar da parroquia de Portas no concello de Portas;
- San Xoán, lugar da parroquia de Bamio no concello de Vilagarcía de Arousa.
- Fóra de Galicia