San Xoán de Pena, Lugo
parroquia civil do concello de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
San Xoán de Pena é unha parroquia do concello de Lugo, na provincia de Lugo. En 2007 tiña 243 habitantes (113 homes e 130 mulleres), 4 menos ca no ano anterior.
San Xoán de Pena | |
---|---|
Igrexa parroquial de san Xoán de Pena | |
Concello | Lugo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°57′52″N 7°31′12″O |
Poboación | 200 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A actual igrexa parroquia data de 1872, sendo ampliada a mediados do século XX. Ten planta rectangular cunha soa nave, presbiterio máis reducido que a nave e sancristía no testeiro. De aparello de perpiaño recebo de branco e cuberta de lousa a dúas augas en nave e a catro en presbiterio. Espadana con dous ocos e dúas campás. No interior ten o retablo maior neogótico e outro lateral renacentista. Conserva varias pezas procedentes da vella igrexa, como un capitel de mármore tardorromano que fai de pía de auga bendita e outras pezas de mármore. O templo primitivo aparece citado en documentación da catedral de Lugo, e situábase no lugar da Eirexe, sobre un gran desnivel. Nas inmediacións existe un pequeno abrigo que fai un saínte da pena, onde segundo a tradición apareceu unha imaxe de Xoán o Bautista. Do primeiro templo apenas se conservan restos pero debeu ser de bastante importancia, pois os elementos que se conservan son diferentes pezas de mármore azul do Incio, datadas cara aos séculos V-VIII, o que indica que foi unha igrexa importante polo enorme custo de traer pedras de mármore dende tan lonxe.
O xacemento foi escavado parcialmente na década de 1970 por un grupo dirixido polo mestre Ricardo López Pacho, do concurso de TVE Misión Rescate. Acháronse un capitel de pencas, unha base, unha imposta e tellas, todos eles desaparecidos. Porén, dúas foron identificadas case con toda seguridade como procedentes de San Xoán de Pena: un capitel tardorrománico de granito do Museo Diocesano de Lugo, que funcionou como base dunha cruz de madeira, e imposta marmórea tardorromana do Museo Provincial de Lugo. Na escavación achouse tamén unha ábsida de planta de ferradura escavada na pena aproximadamente dos séculos VIII-X.
Na parroquia tamén existen os restos dun poboado castrexo bastante arrasado polas labores agrícolas que aínda se realizan nel e no que apareceron varios muíños de man.
Na parroquia existiron ata o século XVIII dúas capelas, unha dedicada a Santa Helena e outra dedicada a Santo Antonio, probablemente en Nadela.
No lugar de Nadela, antes coñecido como Monte de Santo Antonio, o día 6 de xaneiro de 1809 as tropas francesas a cargo de Soult e Ney bateron os ingleses a mando de Sir Moore, retirándose estas o día 8 á Coruña.
Celébranse feiras no lugar de Nadela os días 15 e penúltimo día de cada mes. As festas patronais na honra a San Xoán Bautista e á Virxe do Carme teñen lugar a primeira fin de semana de xullo.
Lugares da parroquia de San Xoán de Pena no concello de Lugo (Lugo) | |
---|---|
A Airexe | Albares | As Baradas | Castro | A Lavandeira | Nadela | A Pena | Seoane |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.