John von Neumann, ou polo seu nome orixinal húngaro Margittai Neumann János Lajos, nado en Budapest o 28 de decembro de 1903 e finado en Washington, D.C. o 8 de febreiro de 1957,[1] foi un científico, físico e matemático húngaro.[2] Está considerado un dos máis importantes científicos do século XX.[3]
Traxectoria
Xa desde ben pequeno mostrou xenio e boa memoria, realizando complicadas operacións matemáticas ou podendo incluso memorizar páxinas completas da guía telefónica. Sen ir moito a clase, obtivo brillantes cualificacións en matemáticas na Universidade de Budapest. De 1921 a 1923 estudou química en Berlín e, despois, graduouse en enxeñaría química en Zürich. Doutorouse en Matemáticas aos vinte e tres anos e con vinte e cinco xa era considerado un xenio para a comunidade de matemáticos. En 1933 xunto a Alexander, Veblen, Einstein, Morse e Weyl converteuse nun dos grandes seis primeiros profesores de matemáticas do Instituto para o Estudo Adiantado de Princeton (USA) onde estivo o resto da súa vida. Durante a segunda guerra mundial foi conselleiro das Forzas Armadas dos Estados Unidos, formou parte do Proxecto Manhattan e contribuíu á fabricación da bomba de hidróxeno.
Xunto a Oskar Morgenstern, en 1944 publicou Theory of Games and Economic Behavior, que revolucionou a área da economía, introducindo novos métodos matemáticos para a análise de problemas económicos, en concreto aplicou a teoría de xogos de suma cero. Foi un dos iniciadores das ciencias da computación, e precursor do primeiro computador, para os que definiu o bit -contracción de "binary digit"- como unidade de memoria, o seu último libro dedicouno a este campo The Compute and the Brain do 1958.
Obras principais
- Mathematical Foundations of Quantum Mechanics, 1932.
- Theory of Games and Economic Behavior, 1944.
- The Compute and the Brain, 1958.
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.